Fleetwood Mac
From Wikipedia, the free encyclopedia
Fleetwood Mac é unha banda de blues e rock inglesa procedente de Londres e creada en 1967. O grupo sufriu constantes cambios na súa formación, e o único membro orixinal que queda é o batería Mick Fleetwood. Creada a finais dos anos 60, cambiou o seu estilo dun blues tradicional a rock e finalmente a un pop suave e elegante. Os seus períodos de máis éxito foron nos seus inicios, cando entre a formación figuraba Peter Green, e nos últimos anos da década dos setenta, cando a voz de Stevie Nicks e as cancións de Lindsey Buckingham foron moi populares.
Datos rápidos Orixe, Período ...
Fleetwood Mac | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1967 - presente |
Xénero(s) | rock, blues, blues-rock, pop rock |
Selo(s) discográfico(s) | Blue Horizon, Reprise, Warner Bros. |
Membros | Mick Fleetwood John McVie Lindsey Buckingham Stevie Nicks Christine McVie |
Na rede | |
fleetwoodmac.com | |
Pechar