Folículo ovárico
bioloxía / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os folículos ováricos son as estruturas situadas nos ovarios que conteñen os ovocitos. Están compostos por agrupacións de células de forma en conxunto máis ou menos esférica que conteñen o ovocito (óvulo inmaturo) no seu centro. Estas estruturas sofren unha transformación ao longo do ciclo ovárico, xa que periodicamente crecen e se desenvolven, ata culminar na ovulación (expulsión do óvulo que levan dentro). Nos ovarios humanos en cada ciclo menstrual só chega a madurar completamente e a ovular un folículo ovárico normalmente. O proceso de maduración do folículo ovárico denomínase foliculoxénese. Os folículos son tamén lugar de produción de hormonas: estróxenos e inhibina nos folículos preovulatorios, e proxesterona e estróxenos nos folículos postovulatorios (corpo lúteo).
En consecuencia, unha vez o folículo ovárico se desenvolveu, exerce as seguintes funcións básicas:
- Mantén, nutre e madura ao ovocito e libérao no momento axeitado (ovulación).
- O folículo despois da ovulación proporciona sostén hormonal ao feto ata que a placenta poida asumir esta función.