From Wikipedia, the free encyclopedia
A inhibina ou folistatina é unha hormona proteica que xoga un papel fundamental na menstruación. Durante o ciclo menstrual, nos ovarios das mulleres inician o seu desenvolvemento regularmente unha ou dúas decenas de folículos primordiais e a inhibina ten a función de deter o crecemento de todos eles agás un, que será o folículo preovulatorio que liberará un óvulo durante o ciclo menstrual. A inhibina, que é abondosa nos folículos máis pequenos, contribúe a deter a síntese e secreción pola hipófise ou pituitaria da hormona estimulante dos folículos (FSH), que é esencial no ciclo menstrual.[1]
inhibina, alfa | |
Identificadores | |
Símbolo | INHA |
Entrez | 3623 |
HUGO | 6065 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002191 |
UniProt | P05111 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 2 q33-qter |
inhibina, beta A | |
Identificadores | |
Símbolo | INHBA |
Símbolos alt. | activin A |
Entrez | 3624 |
HUGO | 6066 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002192 |
UniProt | P08476 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 7 p15-p13 |
inhibina, beta B | |
Identificadores | |
Símbolo | INHBB |
Símbolos alt. | activin B |
Entrez | 3625 |
HUGO | 6067 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002193 |
UniProt | P09529 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 2 cen-q13 |
Fórmase na hipófise e encóntrase tamén no líquido folicular dos folículos ováricos. Cando unha muller está embarazada produce tamén inhibina na placenta. Non se sintetiza homoxeneamente ao longo do tempo senón en forma de pulsos, en certos momentos do ciclo ovárico. En xeral a cantidade de inhibina no sangue varía de maneira similar á de estróxenos. Deste modo, a inhibina A segrégase a metade da fase lútea do ciclo ovárico, é dicir, unha semana despois da ovulación, entanto que a inhibina B se segrega dúas veces, unha na ovulación e outra ao inicio da fase folicular do ciclo ovárico, aproximadamente durante unha semana desde que se ten a menstruación cada mes. A inhibina diminúe drasticamente no corpo da muller a partir da menopausa.
Os homes producen hormonas similares á inhibina no seu aparato reprodutor.
A inhibina regula o ciclo menstrual conxuntamente coa activina, unha hormona proteica moi relacionada con ela e con estrutura química parecida (unha das subunidades é igual). A inhibina e a activina teñen efectos opostos.
A inhibina é unha glicoproteína. Trátase dun dímero composto por dúas subunidades: alfa e beta, unidas por unha ponte disulfuro[2][3].
A inhibina A e a inhibina B comparten unha mesma subunidade alfa, pero a beta é diferente (beta A e beta B, respectivamente). A semellanza entre as dúas subunidades beta A e B é dun 65% aproximadamente [4]. As unidades alfa e beta teñen tamén bastante homoloxía e comparten aproximadamente o 25% da súa secuencia de aminoácidos.[5] A inhibina pertence á superfamilia das proteínas TGF-β, á que tamén pertencen a activina, a hormona antimülleriana, a proteína morfoxenética ósea, e o factor de diferenciación do crecemento[2][5].
Na táboa móstrase a composición dos complexos de inhibina máis comúns:
|
Tanto en machos coma en femias a inhibina inhibe a produción de hormona estimulante dos folículos (FSH) da hipófise e da hormona liberadora da gonadotropina (GnRH) do hipotálamo. Porén, o mecanismo difire entre os xéneros:
A inhibina prodúcese nos ovarios, hipófise (ou pituitaria), e placenta e outros órganos.
Nas mulleres, a FSH estimula a secreción ovárica de inhibina nas células da granulosa dos folículos ováricos. Á súa vez a inhibina suprime a produción de FSH.
A secreción de inhibina diminúe por efecto da hormona liberadora da gonadotropina (GnRH), e é potenciada polo factor de crecemento 1 similar á insulina (IGF-1).
Secrétana as células de Sertoli dos túbulos seminíferos dos testículos [6]. Os andróxenos estimulan a produción de inhibina; esta proteína pode tamén contribuír a regular localmente a espermatoxénese.
Non se comprende aínda ben o mecanismo de acción da inhibina, pero pode implicar a competencia coa activina (a hormona que se opón a ela) para unirse aos receptores da activina e/ou unirse a receptores específicos da inhibina.[3]
A cuantificación da inhibina A é parte da chamada "proba cuádrupla" prenatal que pode realizarse durante o embarazo ás 16-18 semanas de xestación. Esta proba mide catro hormonas: beta-hCG, AFP, estriol e inhibina. Unha cantidade elevada de inhibina A (xunto cun incremento de beta-hCG, diminución de alfa-fetoproteína (AFP), e diminución de estriol) suxire unha síndrome de Down no feto.[7] Cando se ten unha "proba cuádrupla" con resultados anormais deben facerse máis probas complementarias.
Tamén se ten usado como marcador para o cáncer de ovario.[8][9]
A inhibina B pode utilizarse como marcador da espermatoxénese en exames da infertilidade masculina. O nivel medio sérico de inhibina B é significativamente maior nos homes fértiles (aproximadamente 140 pg/mL) ca nos infértiles (aproximadamente 80 pg/mL).[10] Nos homes con azoospermia, unha proba positiva de inhibina B eleva lixeiramente as posibiidades de conseguir ter un fillo por medio da extracción testicular de esperma (TESE), aínda que a asociación non é moi substancial, xa que ten unha sensibilidade de 0,65 (95% de intervalo de confianza [CI]: 0,56–0,74) e unha especificidade de 0,83 (CI: 0,64–0,93) para a predición da presenza de esperma nos testículos na azoospermia non obstrutiva.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.