From Wikipedia, the free encyclopedia
A Forza Aérea da India (IAF) é a rama aérea das Forzas Armadas da India. O seu complemento de persoal e avións occupa o cuarto lugar entre as forzas aéreas do mundo.[1] A súa misión primaria é a de asegurar o espazo aéreo indio e o de realizar guerra aérea durante un conflito armado. Creouse oficialmente o 8 de outubro de 1932 como unha forza auxiliar do Imperio Británico que honrou o servizo da aviación da India durante a segunda guerra mundial co prefixo Royal (Real).[2] Despois de que o país gañase a súa independencia do Reino Unido en 1947, mantívose o nome de Real Forza Aérea da India e servía no nome do Dominio da India. Coa transición do goberno a unha república en 1950 quitouse o prefixo Royal.
Forza Aérea da India | |
---|---|
Indian Air Force भारतीय वायु सेना Bhāratīya Vāyu Senā | |
Activa | 8 de outubro de 1932 |
País | India |
Tipo | forza aérea |
Papel | guerra aérea |
Tamaño | 139 576 persoal activo 140 000 persoal na reserva unhas 1 850 aeronaves |
Páxina web | indianairforce.nic.in |
Insignias | |
Insignia | |
Cola | |
Bandeira |
Dende o ano 1950 a IAF participou en catro guerras contra o veciño Paquistán e nunha contra a República Popular da China. Outras grandes operacións na que participou a IAF foron a Operación Vijay, a Operación Meghdoot, a Operación Cactus e a Operación Poomalai. A Forza Aérea da India tamén participou en misións de paz das Nacións Unidas.
O Presidente da India mantén o rango de Comandante Supremo da IAF.[3] No ano 2017 o seu persoal en servizo era de 139 576 membros.[4][5] O Xefe do Estado Maior Aéreo, un mariscal xefe do aire, é un oficial de catro estrelas responsable da maior parte do mando operativo da Forza Aérea. Nunca hai máis dun mariscal xefe do aire servindo nun momento dado na IAF. O rango de Mariscal da Forza Aérea foi conferido polo Presidente da India nunha ocasión na historia, a Arjan Singh. O 26 de xaneiro de 2002 Singh converteuse no primeiro, e polo de agora único, oficial de cinco estrelas da IAF.[6]
Avión | Orixe | Tipo | Variante | En servizo | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Avións de combate | |||||
Mikoyan MiG-21 | Unión Soviética | Interceptor | Bison | 54[7] | |
SEPECAT Jaguar | Reino Unido | Ataque a terra | IM/IS[8] | 118[9] | |
Sukhoi Su-30 | Rusia | Multirrol | Su-30MKI | 261[10] | 272 entregados. 12 pedidos[11] |
Mikoyan MiG-29 | Rusia | Multirrol | MiG-29UPG[12] | 65[13][14] | 21 pedidos[11] |
HAL Tejas | India | Multirrol | Mk.1 | 18[15] | 22 pedidos[16] |
Dassault Mirage 2000 | Francia | Multirrol | 2000 H/I | 45[13] | |
Dassault Rafale | Francia | Multirrol | EH/DH | 8[17][18] | 28 pedidos[19] |
AWACS | |||||
Embraer EMB-145 | Brasil | AEW&C | 2[13] | Equipados cun sistema AEW&C desenvolvido por DRDO. 1 pedido[20] | |
Beriev A-50 | Unión Soviética | AEW&C | A-50EI | 3 | Equipados co rádar EL/W-2090. 2 pedidos[13] |
Recoñecemento | |||||
Boeing 707 | Estados Unidos | Vixilancia | 1[13] | ||
Global 5000 | Estados Unidos | ELINT | 2[13] | ||
Gulfstream G100 | Israel | Vixilancia | 1125 Astra | 2[13] | |
Guerra electrónica | |||||
Gulfstream III | Estados Unidos | EW / ELINT | SRA | 3[13] | |
Repostaxe en voo | |||||
Ilyushin Il-78 | Unión Soviética | Repostaxe en voo | Il-78MKI | 6[13] | Equipados cun sistema de trasferencia de combustible israelí[21] |
Transporte | |||||
Boeing 777 | Estados Unidos | VVIP | 777-300ER | 2[22] | Usados como Air India One para voos presidenciais |
Boeing 737 | Estados Unidos | Transporte VIP | 737-700 | 3[23] | |
Boeing C-17 | Estados Unidos | Cargueiro estratéxico | 11[13] | ||
Ilyushin Il-76 | Unión Soviética | Cargueiro estratéxico | Il-76MD | 14[13] | |
Antonov An-32 | Ucraína | Transporte | An-32/32RE | 104[24] | 53 son da variante 32RE[25] |
Embraer Legacy 600 | Brasil | Transporte VIP | 4[26] | ||
Dornier Do 228 | Alemaña | Transporte | 228-201[27] | 50 | 4 pedidos[13] |
C-130J Super Hercules | Estados Unidos | Cargueiro táctico | C-130J-30[28] | 11[13] | |
Hawker Siddeley HS 748 | Reino Unido | Transporte | 57[13] | ||
Helicópteros | |||||
Boeing AH-64 | Estados Unidos | Ataque | AH-64E | 22[29] | |
Mil Mi-24 | Rusia | Ataque | Mi-24/25/35 | 15[13] | |
HAL Rudra | India | Armado | 12 | 4 pedidos[30] | |
HAL Dhruv | India | Utilitario | 91 | 20 pedidos[13] | |
Mil Mi-17 | Rusia | Utilitario | Mi-17V-5 | 223[13][31] | |
Mil Mi-26 | Rusia | Utilitario | 3[32][33] | ||
HAL Chetak | Francia | Enlace | 77[13] | Versión baixo licenza do Alouette III | |
HAL Cheetah | India | Utilitario | 17[13] | Versión baixo licenza do SA315B Lama | |
Boeing CH-47 Chinook | Estados Unidos | Transporte | CH-47F | 15[29] | |
Avións de adestramento | |||||
Pilatus PC-7 | Suíza | Adestrador básico | Mk II | 75[13] | |
HAL Kiran | India | Adestrador intermedio | 78[13] | ||
BAE Hawk | Reino Unido | Adestrador a reacción avanzado | Hawk 132 | 104[13] | |
SEPECAT Jaguar | Reino Unido/Francia | Adestrador de conversión | IB[8] | 30 | |
Mikoyan MiG-21 | Unión Soviética | Adestrador de conversión | U/UM | 39[34] | |
UAV | |||||
IAI Harop[35] | Israel | Drone suicida | |||
IAI Heron | Israel | Vixilancia | Heron 1 | 68[36][37] | |
IAI Searcher | Israel | Vixilancia | Mk. I / II | 108[37] | |
DRDO Lakshya | India | Drone obxectivo | 39 | ||
Avións históricos | |||||
Douglas Dakota DC 3 | USA | Transporte | 1 | Bautizado como "Parshurama"[38] | |
de Havilland DH82 Tiger Moth | UK | Adestrador | 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.