Frances Willard
sufraxista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Frances Elizabeth Caroline Willard, nada o 28 de setembro de 1839 e finada o 17 de febreiro de 1898 foi un educadora estadounidense, ademais de escritora e activista a prol do Movemento pola Temperanza e o sufraxio feminino. A súa influencia foi fundamental na aprobación de dúas transcendentais emendas da Constitución dos Estados Unidos, a décimo oitava, que estabeleceu a «prohibición» ou «lei seca», e a décimo novena, que permitiu o voto das mulleres.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1839 Churchville, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 17 de febreiro de 1898 (58 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Gripe |
Lugar de sepultura | Rosehill Cemetery (en) 41°59′15″N 87°40′35″O |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Congregacionalismo (pt) |
Educación | Milwaukee-Downer College (en) |
Actividade | |
Ocupación | sufraxista , temperance worker (en) , escritora , conferenciante |
Empregador | Universidade Northwestern (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Pai | Josiah Willard (pt) |
Premios | |
Willard foi presidenta nacional da Woman's Christian Temperance Union en 1879, a primeira organización colectiva de mulleres dedicada á reforma social, e mantívose no cargo durante 19 anos. Tamén desenvolveu a lema «facer de todo», característico da WCTU, que presionaba ós seus membros a participar en cabildeo, peticións, proselitismo, publicidade e educación.[1]
A súa visión ampliaríase máis adiante para incluír entre as súas causas a axuda federal á educación, os xantares escolares de balde, os sindicatos de traballadores, a xornada laboral de oito horas, a asistencia para os pobres, o saneamento municipal e a formación de consellos de saúde, de transporte nacional, de endurecemento das leis contra a violación, de protección contra o abuso infantil,[1] e sobre a teoría da reforma agraria de imposto único de Henry George.[2]