Francisco Javier González Pérez
futbolista galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Javier González Pérez, máis coñecido como Fran, nado en Carreira (Ribeira) o 14 de xullo de 1969, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francisco González (homónimos).
Datos rápidos Fran, Información persoal ...
Fran | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Javier González Pérez | ||
Nacemento | 14 de xullo de 1969 (54 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ribeira | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Carreira CF | |||
1986–1987 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1987–1988 | Fabril | ||
1988–2005 | Deportivo da Coruña | 550 | (56) |
Selección nacional | |||
1993–2000 | España | 16 | (2) |
Adestrador | |||
2016– | Galicia | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Pechar
Desenvolveu toda a súa carreira como futbolista no Deportivo da Coruña, co que disputou 700 partidos oficiais, sendo o xogador con máis encontros na historia do club.[1] É ademais, xunto a Mauro Silva e Donato, un dos tres únicos futbolistas que participaron nos seis títulos gañados polo Deportivo: unha liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas. Interior zurdo cun toque de balón excepcional e unha non menor visión de xogo, destacou sobre todo polos seus precisos centros dende a banda esquerda. É irmán do tamén exfutbolista José Ramón.