concello da comarca da Barbanza, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2020 tiña 26.848 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital de | |||||
Capital | Santa Uxía de Ribeira | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 27.030 (2023) (391,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 69 km² | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Luís Pérez Barral (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Ribeira | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15960 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15073 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ribeira.gal |
O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia.
A maior parte do territorio ocúpano os contrafortes da serra do Barbanza, de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.
Merece especial consideración o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural, e a illa de Sálvora, pertencente á parroquia de Aguiño e ó Parque nacional das Illas Atlánticas, en fronte da península do Grove (na península do Salnés).
Censo total (habitantes) | 26.848 (2020) |
Menos de 16 anos | 3.810 (14,19 %) |
Entre 16 e 64 anos | 17.377 (64,72 %) |
Máis de 64 anos | 5.661 (21,09 %) |
Evolución da poboación de Ribeira Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
12.218 | 16.870 | 18.280 | 24.542 | 26.623 | 27.518 | 27.699 | 27.778 | 27.811 | 27.565 | 27.372 | 27.249 | 27.159 | 27.067 | 26.886 | 26.848 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Como en toda A Barbanza, abundan os restos megalíticos, entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos. Da idade de bronce é a Pedra das Cabras, petróglifo situado na parroquia de Palmeira.
Da época castrexa destacan dous poboados: o castro do Monte da Cidá e mailo castro de Artes.
Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salgadura. No século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.
Ribeira é palabra galega procedente do latín RIPARIA, 'franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar'.[1] Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite.[2] As formas escritas con b son xerais para este topónimo até 1607,[3] cando se documenta a grafía Santa Eugenia de Riveira.[4] Desde ese momento, nas mencións (en castelán) a este porto e freguesía, altérnanse formas escritas con b, como no Diccionario Madoz,[5][6] e con v.
Santa Uxía fai referencia á santa patroa da parroquia, Santa Uxía de Alexandría. Por outra banda, Uxía é a evolución do galego antigo Ougia, á súa vez evolución do nome greco-latino Eugenia. A igrexa parroquial é citada por primeira vez en 1200, na forma Sancte Eugenie de Carraria: "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos".[7]
O pleno do concello aprobou[8] o 11 de novembro de 1984 unha moción para denominar o concello "Santa Uxía de Riveira", con v, previo informe do cronista oficial Carlos García Bayón. O concello basea nese acto a súa utilización da forma Riveira malia que a única forma oficial é Ribeira, tal como aprobou a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.
O 3 de marzo de 2020 o concello aceptou o topónimo oficial nun acto institucional coa participación do alcalde, Manuel Ruiz, de representantes dos diferentes grupos políticos do concello, do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e do director da Comisión de Onomástica e Toponimia da RAG, Antón Santamarina.[9]
Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán. A festa da Dorna ten lugar entre o 18 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "Voo sen motor", a "Regata de embarcacións feitas a machada" ou o "Gran prix de carrilanas". A festa conta cun "idioma propio".
Na capela de Santo Alberte realízase un rito adiviñatorio co que as mozas intentan saber cando van casar. Para iso lanzan tres anacos de tella e intentan que queden na soleira dunha pequena xanela na ábsida. O casamento queda garantido se o conseguen.[10]
Na mesma capela celébrase a romería de Santo Alberto, na que as esposas dos mariñeiros intentan garantir a pronta volta dos seus homes mediante o rito do "cambio de tella". Consiste en mover unha das tellas desde un dos puntos cardinais ó contrario. Buscan así que os ventos teñan unha dirección favorable.[11]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribeira vexa: Lugares de Ribeira.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.