É coñecido polos seus deseños esculturais dos edificios. Tamén é recoñecíbel polas estruturas curvas cubertas na súa meirante parte por metais reflectivos. A súa obra máis famosa, e a que amosa mellor a expresión do seu traballo, é o Museo Guggenheim Bilbao, que está recuberto de titanio. Foi gañador do Premio Pritzker no ano 1989 e do Premio Princesa de Asturias das Artes en 2014.
Nado en Toronto nunha familia xudía, Gehry mudouse aos 17 anos aos Ánxeles (California) para se formar na Universidade de California do Sur en arquitectura. Despois comezou a estudar planeamento urbano en Harvard, mais non rematou. Actualmente mora nos Ánxeles, estando xa naturalizado estadounidense.
O director Sydney Pollack fixo no ano 2005 unha película documental sobre a súa persoa, titulada Sketches of Frank Ghery (apuntamentos de Ghery), na que se fala dos seus inicios, das relacións e sentimentos cara ás súas obras, ou das críticas que recibe.
En recoñecemento ao seu labor, Frank Gehry recibiu numerosos e prestixiosos premios e distincións, como as seguintes:
1977 - Arnold W. Brunner Memorial Prize in Architecture (American Academy of Arts and Letters.)