relixioso anacoreta galego e bispo de León From Wikipedia, the free encyclopedia
Froilán, nado no Regueiro dos Hortos (actual barrio do Carme) en Lugo no ano 833[1] e finado en León o 5 de outubro do 905,[2] foi un relixioso anacoreta galego e bispo de León. Nomeado santo, é patrón da diocese de Lugo e da cidade do mesmo nome.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 832 Lugo |
Morte | 904 (Gregoriano) (71/72 anos) |
Bispo de León | |
900 – 905 Diocese: diocese de León | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Asturias |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Lingua | Lingua castelá |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 5 de outubro |
Viviu como anacoreta na gruta de Ruitelán no Bierzo, agora convertida en ermida, e continou despois con idéntica vida nas montañas de Curueño[3]. A súa vida de meditación, oración e hospitalidade, déronlle sona de home santo. Moitos acudían a el en busca de consolo e alento e para todos tiña unha verba acertada e acolledora. Predicaba entre montañeses e labregos. Tradicións populares dan testemuño da súa presenza na Virgen del Camino, Virgen de Velilla, Liébana e Valdera.
Xunto con Atilano, un presbítero de Tarazona, comezou a organizar aos ermitáns dos montes dos Ancares e dos montes de León en comunidades monásticas. Vivían unha vida de pobreza, traballo manual, obras de caridade e oración. Atribúeselle a fundación do mosteiro de Valdecésar, trala súa morte, moi favorecido polos reis de Galicia Ordoño II e Elvira Menéndez.
Co avance da repoboación cristiá no occidente peninsular, estableceron comunidades no val do Esla no mosteiro de Távora e no mosteiro de Moreruela.
Morto o bispo de León, Vicente, o pobo unanimemente reclama do rei astur-galaico Afonso III o nomeamento de Froilán como bispo. Como aínda non era sacerdote, na cerimonia recibiu antes o sacramento da orde. O toma do báculo fíxose perante a corte do monarca de Oviedo e con aclamación de todo o pobo. Exerceu como bispo con xustiza e benevolencia, defendendo aos pobres, os febles e os doentes. No ano 905, morreu en loor de santidade. Foi soterrado na catedral antiga e posteriormente foron trasladados os seus restos, por orde do rei de Ordoño II, reinando xa en León, á nova Catedral.
Del contáronse prodixios como que amansaba os lobos e curaba os enfermos.
A súa festa celébrase o 5 de outubro, día do seu pasamento.
Represéntase vestido de monxe ou de bispo, con mitra e báculo. Pode acompañarse cun lobo manso, que leva unha bolsa coa Biblia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.