Arcebispo católico latino palestino, patriarca de Xerusalén From Wikipedia, the free encyclopedia
Fuad Tual[1][2] (en árabe فؤاد طوال), nado o 23 de outubro de 1940 en Madaba (Xordania),[3] é un arcebispo católico latino palestino, patriarca de Xerusalén dende xuño de 2008 até xuño de 2016. Tual foi tamén o Gran Prior da Orde do Santo Sepulcro, e exerceu de Presidente da Asemblea de Ordinarios Católicos da Terra Santa.
(2016) | |
Nome orixinal | (ar) فؤاد طوال |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ar) فؤاد بطرس إبراهيم طوال 23 de outubro de 1940 (83 anos) Madaba (pt) |
Patriarca latino de Xerusalén Patriarcado Latino de Xerusalén | |
21 de xuño de 2008 – 24 de xuño de 2016 | |
President of the Conference of Bishops of the North African Region (en) | |
xaneiro de 2004 – febreiro de 2006 | |
Bispo de Tunes | |
31 de maio de 1995 – 8 de setembro de 2005 ← sen valor – Marun Laham → Diocese: Diocese de Tunes | |
Arcebispo católico | |
31 de maio de 1995 – | |
Prelado territorial de Tunes Prelatura Territorial de Tunes | |
30 de maio de 1992 – 31 de maio de 1995 ← Michel Callens (pt) – Supresión do cargo → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xordania |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Academia Pontificia Eclesiástica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xerusalén |
Ocupación | bispo católico (1992–), sacerdote católico (1966–) |
Lingua | Lingua árabe |
Consagración | Michel Sabbah |
Premios
| |
Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1966,[3] e seguidamente foi vigairo de Ramalla. En 1972 entrou na Pontificia Universidade Lateranense para realizar estudos en Dereito Canónico, conseguindo o doutoramento en 1975.[4] Foi nomeado prelado da prelatura territorial de Tunes polo papa Xoán Paulo II o 30 de maio de 1992. Foi consagrado bispo o 22 de xullo dese ano polo patriarca Mixail Saba.[3] O 31 de maio de 1995, a prelatura territorial foi elevada a diocese,[5] e Tual foi nomeado arcebispo ad personam. En 2005, o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo coadxutor de Xerusalén. Sucedeu a Mixail Saba como patriarca o 21 de xuño de 2008[3] e foi entronizado na basílica do Santo Sepulcro da devandita cidade ao día seguinte.[6]
O 29 de xuño de 2008, Fuad Tual recibiu o palio das mans de Bieito XVI nunha misa na basílica de San Pedro.[4] O 7 de marzo de 2009 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[7]
O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco confirmouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.