Función divisor
función aritmética relacionada cos divisores dun enteiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas, e concretamente na teoría de números, unha función divisor é unha función aritmética relacionada cos divisores dun número enteiro. Aparece en varias identidades notables, incluíndo relacións coa función zeta de Riemann e a serie de Eisenstein de formas modulares. As funcións divisor foron estudadas por Ramanujan, que deu unha serie de congruencias e identidades importantes; estas son tratados por separado no artigo Suma de Ramanujan (de momento en inglés).
Unha función relacionada é a función sumatorio da función divisor, que, como o nome indica, é unha suma sobre a función divisor.