matemático indio From Wikipedia, the free encyclopedia
Srinivāsa Aiyangār Rāmānujan (en támil : ஸ்ரீனிவாஸ ஐயங்கார் ராமானுஜன்; tamén coñecido coa grafía inglesa Srinivasa Ramanujan Iyengar o simplemente como Ramanujan), nado en Erode o 22 de decembro de 1887 e finado en Kumbakonam o 26 de abril de 1920 foi un matemático autodidacta indio.
Nome orixinal | (ta) சீனிவாச இராமானுஜன் |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de decembro de 1887 Erode (Raj Británico) |
Morte | 26 de abril de 1920 (32 anos) Kumbakonam (Raj Británico) |
Causa da morte | Amebíase |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Raj Británico |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Trinity College (1914–1916) Pachaiyappa's College (en) - sen valor (1906–1907) Government Arts College, Kumbakonam (en) - sen valor (1904–1905) Town Higher Secondary School (en) (1898–1904) Universidade de Cambridge |
Tese académica | Highly Composite Numbers (en) (1915 ) |
Director de tese | Godfrey Harold Hardy e John Edensor Littlewood (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Combinatoria, teoría de números e matemático |
Ocupación | matemático |
Empregador | Trinity College (1916–1919) Chennai Port (en) (1912–1914) |
Membro de | |
Profesores | John Edensor Littlewood (pt) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Janakiammal |
Premios
| |
Cunha mínima educación académica en matemáticas puras fixo contribucións extraordinarias á análise matemática, á teoría dos números, ás series e ás fraccións continuas. Ramanujan desenvolveu inicialmente a súa propia investigación matemática en forma illada que foi rapidamente recoñecida polos matemáticos indios. Cando as súas habilidades se fixeron evidentes para unha comunidade matemática máis ampla, centrada nese momento en Europa, comezou a súa célebre colaboración co matemático británico G. H. Hardy. Redescubriu teoremas coñecidos previamente, ademais de producir moitos outros novos.
Durante a súa curta vida, Ramanujan foi capaz de recompilar independentemente case 3900 resultados (na súa maioría identidades e ecuacións).[1] Case todas as súas achegas demostráronse correctas, aínda que algunhas xa eran coñecidas previamente.[2] Logrou resultados que eran á vez orixinais e moi pouco convencionais, como os números primos de Ramanujan e a función theta de Ramanujan, que á súa vez inspiraron unha gran cantidade de investigacións.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.