Fuxan os Ventos
grupo musical galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fuxan os ventos é un grupo musical inserido no movemento folk da canción galega, formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.[1] O seu repertorio, inclúe composicións propias, da tradición popular e adaptacións de temas poéticos de Manuel María, Darío Xohán Cabana, Marica Campo e Celso Emilio Ferreiro, entre outros. Moitos dos seus temas inclúen unha denuncia da situación de dependencia económica de Galicia e da minorización da súa lingua e cultura, con alusións ao mundo do caciquismo e a emigración.
Fuxan os Ventos | |
---|---|
O grupo durante o concerto "Terra de soños" celebrado no Auditorio de Galicia en 2008. | |
Orixe | Lugo, Galicia |
Período | 1972 – presente |
Xénero(s) | Folk |
Membros | Carme Vázquez Xoán L. F. Saavedra Tereixa Novo Alfonso Fernández Moncho Díaz Maruxa Fociños Antón Castro Xosé Vázquez Pedro Lucas |
Antigos membros | Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) Baldomero Iglesias (Mero) |
Na rede | |
https://fuxanosventos.gal/ | |
Unha escisión, en 1984 deu lugar á creación do grupo A Quenlla.