Manuel María
poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004,[1][2] foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político.[3] O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel María Fernández Teixeiro 6 de outubro de 1929 Outeiro de Rei, España |
Morte | 8 de setembro de 2004 (74 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | Outeiro de Rei Outeiro de Rei |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , libreiro , político |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, narrativa, teatro |
Pseudónimo literario | Manuel María |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Saleta Goi (1959–) |
Premios
| |
Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe.
Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Apelaba ao regato do Cepelo como outros autores apelaban ao Miño. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.[3][4]