Dialecto extinto do gótico falado na península de Crimea From Wikipedia, the free encyclopedia
O gótico de Crimea foi un dialecto da lingua gótica falada polos godos crimeos nalgúns lugares illados da península de Crimea (territorio hoxe en día disputado entre Rusia e Ucraína) ata finais do século XVIII.
Gótico de Crimea | ||
---|---|---|
Falado en: | Antiga Gran Bulgaria Khanato de Crimea Actualmente: Crimea (Disputado entre Rusia e Ucraína) | |
Extinción: | Século XVIII | |
Familia: | Indoeuropeo Xermánica Xermánica oriental Gótico Gótico de Crimea | |
Escrita: | Alfabeto gótico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | got | |
ISO 639-3: | got
| |
Mapa | ||
Extensión aproximada das linguas xermánicas a comezos do século X, co gótico de Crimea marcado en azul escuro. | ||
Status | ||
Todo o coñecemento desta lingua baséase nunha carta do século XVI do embaixador flamengo Ogier Ghiselin de Busbecq, quen enumera nunha lista unhas oitenta palabras e unha breve descrición da súa gramática.[1] Gran parte do vocabulario citado por Busbecq é inconfundiblemente xermánico e foi recoñecido por el como tal.
Gótico de
Crimea |
Inglés | Alemán | Neerlandés | Feroés | Noruegués | Galego |
---|---|---|---|---|---|---|
apel | apple | Apfel | appel | súrepli | eple | mazá |
handa | hand | Hand | hand | hond | hånd (Bokmål) / hand (Nynorsk) | mán |
schuuester | sister | Schwester | zus(ter) | systir | søster (Bokmål) / syster (Nynorsk) | irmá |
hus | house | Haus | huis | hús | hus | casa |
reghen | rain | Regen | Regen | regn | regn | choiva |
singhen | sing | singen | zingen | syngja | synge (Bokmål) / syngja (Nynorsk) | cantar |
geen | go | gehen | gaan | ganga | gå | ir |
Busbecq tamén menciona un artigo definido, que rexistra como tho ou the. Esta variación pode indicar unha distinción de xénero ou unha alomorfia, a última das cales sería algo semellante ao inglés "the", pronunciada /ðə/ ou /ðiː/.
Os últimos falantes do gótico de Crimea pertencen a finais do século XVIII. En 1780, Stanisław Siestrzeńcewicz-Bohusz, un arcebispo de Mahilioŭ, visitou a costa sur de Crimea e Sebastopol. Segundo o seu relato, coñeceu a algúns tártaros que falaban unha lingua semellante ao baixo alemán; isto era probablemente unha forma do gótico de Crimea.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.