Gary Moore
From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert William Gary Moore, nado en Belfast, Irlanda, o 4 de abril de 1952 e finado en Estepona, España, o 6 de febreiro de 2011,[1] foi un guitarrista, vocalista e produtor de blues e hard rock. A súa carreira pasou por diversas épocas, mais son as súas aportacións como guitarrista nas bandas Thin Lizzy, Colosseum II e Skid Row ás que lle brindaron unha fama internacional, amais dunha extensa carreira en solitario, mesturando o blues rock con outros xéneros.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Robert William Gary Moore 4 de abril de 1952 Belfast, Reino Unido |
Morte | 6 de febreiro de 2011 (58 anos) Estepona |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | St Margaret's Church (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Ashfield Boys' High School (en) |
Altura | 1,84 m |
Lateralidade | manicho |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , produtor musical , cantante , compositor de cancións , músico , artista discográfico |
Período de actividade | 1969 - 2011 |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Blues rock, hard rock, heavy metal tradicional (pt) , Fusion e Blues |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Guitarra, Gibson Flying V, Fender Stratocaster, Jackson Soloist (pt) e voz |
Selo discográfico | Virgin Records |
Páxina web | gary-moore.com |
Moore, doutra banda, foi coñecido por ser un dos guitarristas máis solicitados para traballar en discos doutros artistas como Greg Lake, Cozy Powell, John Mayall, Mick Jagger e Jack Bruce, entre moitos outros, e tamén foi un dos primeiros músicos en mesturar o rock coa música celta.
Como guitarrista, o irlandés demostrou un colosal talento como intérprete e creador, móvendose entre o virtuosismo co instrumento e as cancións ricas en matices e recoñecemento popular. Foi nomeado como influencia por outros afamados guitarristas que iniciaron a súa carreira nas últimas tres décadas como Eric Gales, Jeff Healey, Jonny Lang,Robert Randolph, Eric Johnson, John Mayer, Kenny Wayne Shepherd e Scott Henderson, entre outros.[2]