Gary Player
golfista surafricano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gary Player, nado en Xohanesburgo o 1 de novembro de 1935 é un golfista profesional surafricano retirado, considerado un dos mellores da historia.[1] Durante a súa carreira, Player gañou nove campionatos do tour regular e outros nove do Champions Tour.[2][3][4] Aos vinte e nove anos, Player gañou o U.S. Open de 1965, converténdose no único non estadounidense que gañou os catro grandes torneos, coñecidos como o Grand Slam. Nese momento, foi o xogador máis novo en logralo, aínda que posteriormente Jack Nicklaus (24 anos) e Tiger Woods (tamén 24) superaron a marca. Player foi só o terceiro golfista da historia que gañou o Grand Slam, despois de Ben Hogan e Gene Sarazen, e só Nicklaus e Woods o lograron despois. Player gañou 165 torneos en seis continentes durante seis décadas e foi introducido no World Golf Hall of Fame de 1974.[5]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1935 (88 anos) Xohanesburgo, Suráfrica |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suráfrica |
Educación | King Edward VII School (en) |
Altura | 170 cm |
Peso | 68 kg |
Actividade | |
Ocupación | golfista |
Lingua | Lingua inglesa |
Deporte | golf |
Premios | |
Páxina web | GaryPlayer.com |
Alcumado Black Knight, Mr. Fitness e International Ambassador of Golf,[6] Player é tamén un recoñecido deseñador de campos de golf con máis de catrocentos proxectos de deseño en cinco continentes. Escribiu o coescribiu trinta e seis libros sobre golf.