Giacomo Puccini
compositor de ópera italiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Giacomo Antonio Domenico Michele Secondo Maria Puccini, nado en Lucca (daquela no Gran Ducado de Toscana e actualmente en Italia), o 22 de decembro de 1858 e finado o 29 de novembro de 1924 en Bruxelas (Bélxica), foi un compositor italiano de ópera. Considerado entre os máis grandes de finais do século XIX e comezos do XX, as súas óperas están entre as representadas con máis frecuencia no repertorio estándar.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giacomo Antonio Domenico Michele Secondo Maria Puccini 22 de decembro de 1858 Lucca (Gran Ducado de Toscana) |
Morte | 29 de novembro de 1924 (65 anos) Bruxelas, Bélxica |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de larinxe ) |
Senador do Reino de Italia | |
18 de setembro de 1924 – 29 de novembro de 1924 (morte da persoa) | |
Datos persoais | |
Residencia | Torre del Lago Puccini (en) |
País de nacionalidade | Reino de Italia (1861–1924) Gran Ducado de Toscana (–1859) |
Educación | Conservatorio Giuseppe Verdi |
Actividade | |
Campo de traballo | Música culta, Ópera e música |
Ocupación | compositor de ópera , director de orquestra , político , compositor , organista |
Período de actividade | 1876 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música clásica e Ópera |
Profesores | Amilcare Ponchielli e Antonio Bazzini (en) |
Lingua | Lingua italiana |
Instrumento | Órgano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Puccini (en) |
Cónxuxe | Elvira Puccini (1904–1924), morte da persoa |
Pai | Michele Puccini (en) |
Parentes | Fosca Gemignani (en) (fillastra) Giacomo Puccini (en) (tataravó) Simonetta Puccini (en) () |
| |
Lista
|
Pechar
Foi considerado o mellor compositor da ópera italiana tras Giuseppe Verdi[2] e un dos máximos expoñentes do verismo. Algunhas das súas melodías como O mio babbino caro de Gianni Schicchi e Nessun Dorma de Turandot forman hoxe parte da cultura popular.