Glicina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A glicina[4] (abreviadamente Gly ou G) é un α-aminoácido coa fórmula química NH2CH2COOH. A súa cadea lateral está formada só por un átomo de H, o que fai da glicina o aminoácido coa cadea lateral máis simple e o máis pequeno dos 20 aminoácidos proteicos. Os seus codóns son GGU, GGC, GGA e GGG.
- Non confundir coa planta chamada glicinia (xénero 'Wisteria') ou co xénero de plantas 'Glycine' (ao que pertence a soia).
Glicina[1] | |
---|---|
Glicina | |
Outros nomes Ácido aminoetanoico | |
Identificadores | |
Abreviaturas | Gly, G |
Número CAS | 56-40-6 |
PubChem | 750 |
ChemSpider | 730 |
UNII | TE7660XO1C |
Número CE | 200-272-2 |
DrugBank | DB00145 |
KEGG | D00011 |
ChEBI | CHEBI:15428 |
ChEMBL | CHEMBL773 |
Ligando IUPHAR | 727 |
Código ATC | B05CX03 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C2H5NO2 |
Masa molar | 75,07 g mol−1 |
Aspecto | sólido branco |
Densidade | 1,607 g/cm3 |
Punto de fusión | 233 °C (descomposición) |
Solubilidade en auga | 24,99 g/100 mL (25 °C)[2] |
Solubilidade | soluble en etanol, piridina insoluble en éter |
Acidez (pKa) | 2,34 (carboxilo), 9,6 (amino)[3] |
Perigosidade | |
LD50 | 2600 mg/kg (rato, oral) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A glicina é un sólido cristalino incoloro e doce. Forma parte das proteínas, pero tamén funciona como neurotransmisor. É único entre os aminoácidos en non ter un carbono asimétrico ou centro quiral (porque o seu carbono alfa está unido a dous substituíntes iguais, dous hidróxenos), polo que é o único aminoácido proteico que non ten isómeros D e L. Aínda que a súa cadea lateral formada por un só hidróxeno é hidrófoba, esta é tan pequena, que os grupos carboxilo e amino ionizados da molécula teñen grande influencia no conxunto, polo que pode existir establemente en medios hidrófilos ou hidrófobos.
Outro nome da glicina é glicocola[5], xa en desuso.