Gobind Singh
décimo gurú sikh, mestre espiritual, guerreiro, poeta e filósofo indio / From Wikipedia, the free encyclopedia
Guru Gobind Singh (|gʊɾuː goːbɪn̯d̯ᵊ sɪ́ŋgᵊ|), nado como Gobind Rai en Patna o 5 de xaneiro de 1666 e finado en Hazur Sahib o 7 de outubro de 1708,[1][2] foi o décimo gurú sikh, mestre espiritual, guerreiro, poeta e filósofo indio. Cando o seu pai, Guru Tegh Bahadur, foi decapitado por rexeitar converterse ao islam,[3][4] Guru Gobind Singh instalouse formalmente como o líder dos sikhs aos nove anos.[5] Os seus catro fillos morreron mentres Singh aínda vivía, dous en batalla e dous executados polo exército mogol.[6][7][8][9]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1666 Patna (Imperio mogol) |
Morte | 7 de outubro de 1708 (41 anos) Nanded (Imperio mogol) |
Actividade | |
Ocupación | guru (pt) , poeta , filósofo |
Lingua | Lingua punjabi |
Familia | |
Cónxuxe | Mata Jito Mata Sundari Mata Sahib Kaur |
Fillos | Sahibzada Ajit Singh (en) () Mata Sundari (en) Sahibzada Fateh Singh (en) () Sahibzada Zorawar Singh (en) () Mata Jito (en) Sahibzada Jujhar Singh (en) () Mata Jito (en) |
Pais | Guru Tegh Bahadur (pt) e Mata Gujri (en) |
Entre as súas contribucióna ao sikhismo están a fundación da comunidade de guerreiros sikh chamada Khalsa en 1699[10][11][12] e a introdución dos cinco K, os cinco artigos de fe que os sikhs khalsa levaban nesa época. Gobind Singh tamén continuou coa formalización da relixión, escribiu importantes textos relixiosos[13][14] e consagrou a Guru Granth Sahib como gurú eterno do sikhismo.[15]