![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/%25C3%2596sterreichring_1969-1976.svg/langgl-640px-%25C3%2596sterreichring_1969-1976.svg.png&w=640&q=50)
Gran Premio de Austria de 1976
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Austria de 1976 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 15 de agosto de 1976. Foi a 11ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1976, e o noveno Gran Premio de Austria o sétimo, que se celebrou en Österreichring. Levouse a cabo sobre 54 voltas para cubrir unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 11 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976. | ||
![]() Trazado do circuíto de Österreichring. | ||
Data | 15 de agosto de 1976 | |
Nome oficial | VIII Großer Preis von Österreich | |
Localización | Circuíto de Österreichring, Spielberg, Estiria, Austria | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´911 km | |
Distancia | 54 voltas, 319´914 km | |
Clima | Choiva | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
McLaren-Ford |
Tempo | 1:35.02[1] | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
McLaren-Ford |
Tempo | 1:35.91[2] | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Penske-Ford |
Segundo | ![]() |
Ligier-Matra |
Terceiro | ![]() |
Lotus-Ford |
Esta carreira foi a única gran vitoria na Fórmula Un europea para Penske Racing. Foi unha vitoria conmovedora para o equipo, que chegou un ano logo da morte do seu expiloto Mark Donohue no mesmo circuíto a tempada anterior. Roger Penske retirou o equipo ao final do ano para volver centrarse nas carreiras de Champ Car.
Os pilotos locais Otto Stuppacher e Karl Oppitzhauser solicitaron entrar na carreira, pero negóuselles debido á súa falta de experiencia. Pedíronlle apoio aos outros equipos, pero ningún apoiounos e que non participaron, malia que levaran os seus coches ao circuíto. Participaron baixo a bandeira do equipo Racing OASC, Stuppacher levou un Tyrrell 007 e Oppitzhauser un March 761.[3]