Gran Premio de Mónaco de 1975
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Mónaco de 1975 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 11 de maio de 1975 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1975. Foi o 33º Gran Premio de Mónaco, xa que a primeira carreira celebrouse por primeira vez en 1929. levouse a cabo en 75 das 78 voltas programadas ao circuíto, cunha distancia de carreira de 245 quilómetros.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 5 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975. | ||
![]() Trazado do circuíto de Mónaco. | ||
Data | 11 de maio de 1975 | |
Nome oficial | XXXIII Gran Premio de Mónaco | |
Localización | Circuíto de Mónaco Monte Carlo, Principado de Mónaco | |
Percorrido | Circuíto urbano 3´278 km | |
Distancia | 78 voltas, 255´684 km | |
Clima | Choiva, posteriormente seco | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:26,4 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Tyrrell-Ford |
Tempo | 1:28.67 na volta 68 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Ferrari |
Segundo | ![]() |
McLaren-Ford |
Terceiro | ![]() |
Brabham-Ford |
A carreira foi gañada polo piloto austríaco Niki Lauda dando ó novo Ferrari 312T a súa primeira vitoria. A vitoria rompeu unha seca de vitorias de 20 anos de Ferrari no Circuíto de Mónaco. Lauda dominou a carreira, só perdeu o liderado durante unha parada en boxes. Gañou por dous segundos sobre o McLaren M23 de Emerson Fittipaldi. Carlos Pace terminou terceiro no seu Brabham BT44B.