Gran Premio de Suíza de 1982
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Suíza de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada o 29 de agosto de 1982 no Circuíto de Dijon-Prenois en Francia. Esta foi a única vitoria da tempada do eventual Campión do Mundo Keke Rosberg.
Datos rápidos Detalles da carreira, Pole position ...
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 14 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982. | ||
Trazado do circuíto de Dijon-Prenois. | ||
Data | 29 de agosto de 1982 | |
Nome oficial | XV Großer Preis der Schweiz | |
Localización | Circuíto de Dijon-Prenois Dijon, Francia | |
Percorrido | Circuíto permanente 3´801 km | |
Distancia | 80 voltas, 304´08 km | |
Clima | Seco | |
Pole position | ||
Piloto | Alain Prost | Renault |
Tempo | 1:01.380 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Alain Prost | Renault |
Tempo | 1:07.477 na volta 2 | |
Podio | ||
Primeiro | Keke Rosberg | Williams-Ford |
Segundo | Alain Prost | Renault |
Terceiro | Niki Lauda | McLaren-Ford |
Pechar
Esta foi a última carreira do Gran Premio de Suíza ata a data, a anterior carreira foi unha carreira fóra de campionato celebrada en 1975. A anterior carreira de campionato, tivo lugar en 1954.