Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 28 de marzo de 1976 no circuíto de Long Beach en California. Foi a terceira carreira da tempada de 1976. A carreira foi o primeiro Gran Premio do oeste dos Estados Unidos, e a segunda carreira de Fórmula Un celebrada en California, sendo o primeiro o Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 en Riverside, a só 50 quilómetros de distancia. A carreira levouse a cabo sobre 80 voltas ao circuíto urbano de 3´251 quilómetros nunha distancia total de carreira de 260 quilómetros.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 3 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976. | ||
Trazado do circuíto de Long Beach. | ||
Data | 28 de marzo 1976 | |
Nome oficial | Gran Premio do oeste dos Estados Unidos | |
Localización | Long Beach (California) | |
Percorrido | Circuíto urbano 3´251 km | |
Distancia | 80 voltas, 260´08 km | |
Clima | Seco, asollado, cálido | |
Pole position | ||
Piloto | Clay Regazzoni | Ferrari |
Tempo | 1:23.099 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Clay Regazzoni | Ferrari |
Tempo | 1:23.076 na volta 61 | |
Podio | ||
Primeiro | Clay Regazzoni | Ferrari |
Segundo | Niki Lauda | Ferrari |
Terceiro | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford |
A carreira foi gañada polo piloto suízo Clay Regazzoni nun Ferrari 312T por 42 segundos sobre o seu compañeiro de equipo e líder do campionato, o piloto austríaco Niki Lauda. O piloto francés Patrick Depailler terminou terceiro pilotando un Tyrrell 007.