Grande Esfinxe de Gizeh
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Grande Esfinxe de Gizeh (árabe: أبو الهول Abū al-Haul, literalmente: Pai do Terror), comunmente coñecida como a Esfinxe de Gizeh ou simplemente a Esfinxe, é unha estatua calcaria dunha esfinxe reclinada, unha criatura mítica con corpo de león e cabeza de humano.[1] Está situada na meseta de Gizeh, na franxa occidental do río Nilo en Gizeh, Exipto. O rostro da esfinxe representaría o rostro do faraón Quefrén.[2]
Grande Esfinxe de Gizeh | |
---|---|
Grande Esfinxe de Gizeh | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Exipto |
Localización | Gizeh, Exipto |
Tipo | Cultural |
Criterios | i, iii, vi |
Inscrición | 1979 |
Rexión da UNESCO | Estados Árabes |
Identificador | 86 |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Esculpida sobre o substrato, a forma orixinal da esfinxe foi restaurada con capas de bloques.[3] A estrutura mide 73 metros de lonxitude desde a farpa ata a cola, 20,21 metros de alto desde a base ata a parte superior da cabeza e 19 metros de ancho nas súas ancas.[4] É o monumento escultórico máis antigo de Exipto e crese que foi construído polos antigos exipcios do Reino Antigo durante o reinado do faraón Quefrén (arredor dos anos 2558-2532 a.C.).[5]