persoa que escribe guións para cine, televisión, banda deseñada ou videoxogos From Wikipedia, the free encyclopedia
O guionista[1] é o autor dun guión literario, tanto para unha produción de audiovisuais ou a radio, ou para banda deseñada. O guión pode ser unha creación orixinal ou unha adaptación doutra obra pre-existente.
Un guionista de filmes é o encargado de escribir un texto polo miúdo que determina o contexto, a configuración e as accións da obra, ademais dos diálogos.
Para iso, ten que primeiro recoller información (moitas veces coa axuda dun ou varios documentalistas) sobre o tema descrito pola sinopse ou a obra literaria que ten que adaptarse. Tamén poden colaborar co escritor outros escritores (co-guionistas) ou ter dialoguistas que están especializados para escribir diálogos. Unha das peculiaridades do traballo de guionista é que ten que dividir o guión non é en capítulos, senón en secuencias numeradas; así mesmo, ás veces, ten que escribir varias versións do guión, xa que isto pode cambiar en función dunha serie de criterios (cambio de actores, etc.).
Moitos escritores convértense en guionistas das súas propias obras e moitos directores de cine, especialmente de fóra de Hollywood, son tamén os seus propios guionistas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.