Nora Ephron
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nora Ephron,[1] nada en Nova York o 19 de maio de 1941 e finada na mesma cidade o 26 de xuño de 2012, foi unha xornalista, guionista e cineasta estadounidense. É coñecida polas súas comedias románticas e foi candidata ao Oscar en tres ocasións polos guións orixinais de Silkwood (1983), Cando Harry atopou a Sally (1989) e Algo para recordar (1993). En ocasións escribiu coa súa irmá Delia Ephron. O seu último filme foi Julie & Julia (2009).[2] A súa primeira obra teatral, Imaginary Friends (2002), foi considerada como unha das dez mellores obras da temporada teatral 2002–03 de Nova York.[3] Tamén foi a coautora da produción teatral Love, Loss, and What I Wore.[2][4] En 2013, Ephron recibiu unha candidatura póstuma aos premios Tony á mellor obra por Lucky Guy.[5]
Remove ads
Traxectoria
Ephron naceu en Nova York, nunha familia xudía. Era a máis vella de catro fillas e creceu en Beverly Hills, California.[6] Os seus pais, Henry e Phoebe (de solteira Wolkind) Ephron, naceran na cosa leste e eran destacados dramaturgos e guionistas. Ephron recibiu o seu nome pola protagonista da obra Casa de bonecas, de Henrik Ibsen.[7] As irmás máis novas de Nora, Delia e Amy, tamén son guionistas. A súa irmá Hallie Ephron é xornalista, crítica literaria e novelista de obras de ficción criminal. Os seus pais basearon a personaxe inxenua da obra logo levada ao cinema Take Her, She's Mine na súa filla Nora, de vinte e dous anos, e nas súas cartas da universidade.[8] Ambos os seus pais caeron no alcoholismo no seus últimos anos.[6] Como estudante de instituto, Nora Ephron soñaba con ira a Nova York e converterse nunha Dorothy Parker, poeta, escritora satírica e crítica.[9] Ephron citou o seu profesor de xornalismo do instituto, Charles Simms, como o inspirador na procura dunha carreira no xornalismo.[7] Ephron graduouse do Beverly Hills High School en 1958, e do Wellesley College de Wellesley, Massachusetts, en 1962 cun grao en ciencias políticas.[10]
She casou tres veces. O seu primeiro matrimonio, co escritor Dan Greenburg, acabou en divorcio despois de nove anos.[6] En 1976, casou co xornalista Carl Bernstein. En 1979, Ephron tivo un fillo, Jacob, e estaba embarazada do seu segundo fillo Max cando descubriu a relación entre Bernstein e a súa amiga mutua[11] Margaret Jay, xornalista británica casada. Ephron inspirouse neste feito para escribir a súa novela de 1983 Heartburn,[12] que foi levada ao cinema en 1986 por Mike Nichols con Jack Nicholson e Meryl Streep. No libro, Ephron escribiu sobre un marido chamado Mark, que era "capaz de ter sexo cunha persiana veneciana".[6] Tamén escribiu que a personaxe Thelma (baseada en Margaret Jay) parecía unha xirafa con "grandes pés".[6] Bernstein ameazou con querelarse contra o libro e o filme, mais nunca o fixo.[8]
Ephron estivo casada durante vinte anos co guionista Nicholas Pileggi, ata a súa propia morte. A parella viviu nos outeiros de Hollywood nos Ánxeles e en Nova York.
O amigo de Ephron Richard Cohen dixo dela, "era moi xudía, cultural e emocionalmente. Identificábase completamente cunha muller xudía".[13] Non obstante, Ephron non era relixiosa. "Nunca podes ter demasiada manteiga... isto é a miña crenza. Se teño unha relixión, é esta",[14] dixo nunha entrevista en NPR sobre o seu filme de 2009 Julie & Julia.[15]
O seu fillo, Jacob Bernstein, dirixiu un filme para HBO sobre a vida da súa nai titulado Everything Is Copy.[16]
Remove ads
Gorxa profunda
Durante moitos anos, Ephron foi unha das poucas persoas que coñecía a identidade de Deep Throat ("Gorxa profunda"), o informador anónimo dos artigos escritos polo seu ex marido Carl Bernstein e Bob Woodward descubrindo o escándalo Watergate.[17] Ephron leu as notas de Bernstein, nas que se refería a Deep Throat como "MF";[17] Bernstein afirmou que se refería a "My Friend" ("O meu amigo"), mais Ephron supuxo correctamente que era unha referencia a Mark Felt, antigo director asociado do FBI.[17]
Despois da fin do matrimonio de Ephron e Bernstein, Ephron revelou a identidade de Deep Throat ao seu fillo Jacob e a calquera que llo preguntase. Unha vez dixo, "Eu daría discursos diante de 500 persoas e alguén preguntaría, 'Sabe quen é Deep Throat?' e eu respondería, 'É Mark Felt'."[18][6] Compañeiros de Jacob Bernstein no Dalton School e Vassar College falan de que Jacob revelou a numerosas persoas que Felt era Deep Throat. Esta revelación atraeu pouca atracción dos medios durante o tempo en que a identidade de Deep Throat era un misterio. Ephron dixo que "ninguén, á parte do meu fillo, me cre".[19][20] Ephron foi invitada por Arianna Huffington a escribir sobre a súa experiencia no Huffington Post, en que era blogueira regular e editora a tempo parcial.[17]
Remove ads
Obra
Filmografía
Como actriz, Nora Ephron aparece en dous filmes dirixidos polo seu amigo Woody Allen. Está acreditada como invitada á voda en Delictos e faltas (1989)[21] e como invitada á festa en Maridos e mulleres (1992).[22]
Obras de teatro
Coleccións de artigos e outras obras
- Wallflower at the Orgy (1970)
- Crazy Salad: Some Things About Women (1975)[24]
- The Boston Photographs (1975)
- Scribble, Scribble: Notes on the Media (1978)
- Heartburn (1983, novela)
- I Feel Bad About My Neck: And Other Thoughts on Being a Woman (2006)
- I Remember Nothing: And Other Reflections (2010)
- The Most of Nora Ephron (2013)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads