Gustavo II Adolfo de Suecia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gustavo II Adolfo, nado en Estocolmo o 9 de decembro de 1594 e finado en Lützen o 6 de novembro de 1632, foi o rei de Suecia dende 1611 ata 1632 e considérase un dos fundadores do Imperio Sueco. Levou Suecia á supremacía militar durante a guerra dos Trinta Anos, axudando a determinar o equilibrio de poder político e relixioso en Europa. Postumamente recibiu o nome de Gustavo Adolfo o Grande (sueco: Gustav Adolf den store, latín: Gustavus Adolphus Magnus) por parte do Riksens ständer en 1634.[1][2] Adoita a ser considerado un dos mellores mandos militares de todos os tempos polo seu innovador uso de armas combinadas. A súa vitoria militar máis destacada foi a batalla de Breitenfeld (1631). Cunha excelente maquinaria militar, boas armas, un bo adestramento e artillaría de campo efectiva, respaldada por un goberno eficiente que podía proporcionar os fondos necesarios, Gustavo Adolfo estaba preparado para converterse nun gran líder europeo.[3] Porén, morreu un ano despois na batalla de Lützen (1632). Foi habilmente axudado nos seus esforzos polo conde Axel Oxenstierna, o Gran Chanceler de Suecia, que tamén actuou como rexente despois da súa morte.
Nome orixinal | (sv) Gustav II Adolf | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||
Nacemento | 9 de decembro de 1594 (Xuliano) Estocolmo | ||||||||||||
Morte | 6 de novembro de 1632 (Xuliano) (37 anos) Lützen | ||||||||||||
Causa da morte | Morte en combate (Morto en combate ) | ||||||||||||
Lugar de sepultura | Riddarholmskyrkan Estocolmo | ||||||||||||
Cargos | |||||||||||||
Rei de Suecia | |||||||||||||
Período | 30 de outubro de 1611 - 6 de novembro de 1632 | ||||||||||||
Antecesor | Carlos IX | ||||||||||||
Sucesor | Cristina | ||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||
País de nacionalidade | Suecia | ||||||||||||
Relixión | luterana | ||||||||||||
Actividade | |||||||||||||
Ocupación | líder militar | ||||||||||||
Lingua | Lingua sueca | ||||||||||||
Carreira militar | |||||||||||||
Conflito | Guerra dos Trinta Anos | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Título | Rei | ||||||||||||
Familia | Dinastía de Vasa | ||||||||||||
Cónxuxe | María Leonor de Brandeburgo | ||||||||||||
Parella | Ebba Brahe (en) Margareta Slots (en) | ||||||||||||
Fillos | Cristina | ||||||||||||
Pais | Carlos IX de Suecia e Cristina de Holstein-Gottorp (pt) | ||||||||||||
Irmáns | Catarina da Suécia (pt) , Princess Maria Elizabeth of Sweden (en) , Carl Carlsson Gyllenhielm (pt) e Charles Philip, Duke of Södermanland (en) | ||||||||||||
Lista
|
Nunha época caracterizada por un estado de guerra constante, Gustavo Adolfo herdou tres guerras en curso simultáneas do seu pai con 16 anos. Dúas delas foron guerras fronteirizas con Rusia e Dinamarca, e a outra unha guerra máis persoal (polo menos para o seu pai) contra o primeiro curmán de Gustavo, o rei Sixismundo III Vasa de Polonia.[4] Desas tres guerras a guerra contra os daneses foi a máis grave.[4]
Durante o seu reinado, Suecia pasou de ter o status de potencia rexional da conca do mar Báltico a ser unha das principais potencias de Europa e un modelo de goberno da era moderna. Gustavo Adolfo é coñecido como o "pai da guerra moderna",[5] ou o primeiro gran xeneral moderno. Baixo a súa tutela, Suecia e a causa protestante desenvolveron unha serie de excelentes comandantes, como Lennart Torstensson, quen derrotaría aos inimigos de Suecia e expandiría as fronteiras e o poder do imperio moito despois da morte de Gustavo Adolfo en batalla. Os botíns dos seus inimigos convertérono nun exitoso traficante de libros en Europa, especificamente coas Colección Xesuítas.[6]
Chamado "O Rei Dourado" e "O León do Norte", fixo de Suecia unha das grandes potencias de Europa, en parte grazas á reforma da estrutura administrativa. Por exemplo, comezou a facer rexistros parroquais de poboación, polo que o goberno central podía impoñer impostos e recrutar á xente de xeito máis eficiente.[7] O historiador Christer Jorgensen sostén que o seu logro no campo da reforma económica, comercio, modernización e creación da autocracia burocrática moderna foi tan importante como as súas fazañas nos campos de batalla. As súas reformas domésticas, que transformaron unha sociedade e economía atrasada e case medieval, foron de feito non só as bases das súas vitorias en Alemaña, senón tamén absolutamente cruciais para a creación e supervivencia do Imperio Sueco.[8]
Gustavo Adolfo é amplamente conmemorado polos protestantes en Europa como o principal defensor da súa causa durante a guerra dos Trinta Anos, con múltiples igrexas, fundacións e outras empresas que levan o seu nome, como a sociedade Gustav-Adolf-Werk.