filme de 2007 dirixido por Adam Shankman From Wikipedia, the free encyclopedia
Hairspray é un filme musical romántico de 2007 dirixido por Adam Shankman e baseado no musical de Broadway de 2002 do mesmo título, que á súa vez estaba baseado no filme de John Waters do mesmo título de 1988.
Hairspray | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hairspray |
Director | Adam Shankman |
Produtor | Craig Zadan e Neil Meron |
Guión | Leslie Dixon |
Intérpretes | Nikki Blonsky John Travolta Michelle Pfeiffer Christopher Walken Amanda Bynes James Marsden Queen Latifah Brittany Snow Zac Efron Elijah Kelley Allison Janney Taylor Parks Jerry Stiller Paul Dooley |
Música | Marc Shaiman Scott Wittman |
Fotografía | Bojan Bazelli |
Montaxe | Michael Tronick |
Distribuidora | New Line Cinema |
Estrea | 2007 |
Duración | 116 min. |
Orixe | Estados Unidos, |
Xénero | Musical |
Orzamento | 75 millóns $ |
Na rede | |
http://www.hairspraymovie.com/ | |
O guión adaptouno Leslie Dixon, recollendo elementos tanto do da película de Walters como do realizado para o musical por Thomas Meehan e Mark O'Donnell. Hairspray incorpora cancións do musical de Broadway escritas por Marc Shaiman e Scott Wittman, así como catro novas composicións de Shaiman/Wittman non presentes no musical.
Estreada con éxito de crítica, Hairspray foi tamén un éxito comercial, logrou o récord de vendas na semana da estrea dun filme musical,[1] que mantivo ata xullo de 2008 ao superalo Mamma Mia![2] e en outubro High School Musical 3: Senior Year.[3] Hairspray converteuse no sétimo filme musical con maior recadación na historia do cinema norteamericano.[2].
A historia decorre en Baltimore nos anos 60. Unha moza, Tracy (Nikki Blonsky), soña con bailar no espectáculo de Corny Collins, un programa de baile da televisión local e consegue a súa arela grazas a unha das estrelas do espectáculo, Link (Zac Efron) converténdose nunha estrela, e utilizando a súa fama para falar en nome da causa na que cre, a integración racial, para o que conta coa axuda de súa nai Edna (John Travolta), e seu pai Wilbur (Christopher Walken), a súa mellor amiga Penny Pingleton (Amanda Bynes), a DJ afroamericana, Motormouth Maybelle (Queen Latifah), e mais os fillos de Motormouth, Seaweed (Elijah Kelley) e Little Inés (Taylor Parks). Mais con todo Tracy gaña a rivalidade da anterior estrela do programa, Amber Von Tussle (Brittany Snow), e súa nai, (Michelle Pfeiffer), unha muller manipuladora e racista. A rivalidade é máxima cando Amber e Tracy loitan polo título de Miss Teenage Hairspray 1962.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.