O hemimetabolismo ou paurometabolismo,[1] tamén chamado metamorfose incompleta, é o tipo de desenvolvemento propio dalgúns grupos de insectos, que consta unicamente de tres fases: ovo, ninfa e imago ou adulto. Este tipo de metamorfose prodúcese por cambios graduais e nela falta a etapa de pupa, que teñen outros insectos, chamados holometábolos. A ninfa adoita parecerse ao adulto e coma el ten ollos compostos e patas desenvolvidas; mais non ten ás nin órganos sexuais maduros (funcionais); isto último é un carácter diagnóstico.[2] Unha vez que o individuo xove (a ninfa) muda a un estadio con órganos sexuais, xa deixa de mudar e chega ao último estadio, o de adulto. Os insectos que posúen este tipo de desenvolvemento denomínanse hemimetábolos ou paurometábolos.[3].[4]

Thumb
Lygaeus turcicus (Hemiptera), ninfas e adultos.

Descrición

Thumb
Ninfa de Jikradia olitoria, familia Cicadellidae

Na metamorfose sinxela, simple ou incompleta (paurometabolismo ou hemimetabolismo) o individuo pasa por varias mudas ata transformarse en individuo adulto sen pasar por unha fase de inactividade e sen deixar de se alimentar. Os estadios xoves ou inmaturos aseméllanse ao adulto excepto en que son máis pequenos, carecen de ás e non son maduros sexualmente. Tamén poden ter menor número de segmentos corporais. Este tipo de metamorfose sinxela dáse nalgúns insectos e tamén en anélidos, equinodermos, moluscos e crustáceos. Neste tipo de metamorfose as fases xoves dos insectos denomínanse ninfas. Son exemplos disto as chinches e os saltóns, que se parecen aos seus proxenitores, pero son máis cativos. Na última muda remata o desenvolvemento das ás, os xenitais externos (xeralmente edeago nos machos e ovipositor nas femias) e as estruturas sexuais secundarias como tímpanos e órganos estridulatorios. A anatomía interna sofre cambios relacionados coa vida adulta tales como a elaboración de musculatura torácica necesaria para o voo, reorganización do sistema nervioso para o control do voo e desenvolvemnto de gónadas cos seus respectivos ductos e glándulas accesorias; os sistemas dixestivo e excretor (tubos de Malpighi) non sofren maiores cambios porque o adulto adoita manter os mesmos hábitos alimenticios que a ninfa.[5]

Ordes de insectos hemimetábolos

As ordes de insectos nas que se dá o hemimetabolismo son:

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.