A hepcidina é unha hormona peptídica producida polo fígado descuberta en 2000, que parece ser o regulador mestre do metabolismo do ferro humano e doutros mamíferos.[2] A hepcidina funciona regulando (inhibindo) o transporte de ferro a través da mucosa gastrointestinal, previndo un exceso de absorción de ferro e mantendo os niveis normais de ferro no corpo. A hepcidina tamén inhibe o transporte de ferro fóra dos macrófagos (que son un sitio onde se almacena e transporta ferro). Deste modo, en estados nos que os niveis de hepcidina son altos (como nos estados inflamatorios), os niveis de ferro séricos poden diminuír porque o ferro está atrapado dentro dos macrófagos. Isto pode orixinar anemia en casos extremos. En humanos, a hepcidina está codificada no xene HAMP do cromosoma 19. A hepcidina tamén ten propiedades antiinflamatorias no modelo murino, o cal actúa como unha retroalimentación negativa no amortecemento da inflamación, o que pode elevar os seus niveis.[3]
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Pechar