Hermann Heinrich Gossen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hermann Heinrich Gossen, nado en Düren o 7 de setembro de 1810 e finado en Colonia o 13 de febreiro de 1858, foi un economista alemán, autor de "Evolución das leis do intercambio humano", obra en que enuncia unha serie de leis que logo serviron de base para a teoría da utilidade marxinal.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1810 Düren |
Morte | 13 de febreiro de 1858 (47 anos) Colonia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Prusia |
Educación | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía |
Ocupación | economista |
Lingua | Lingua alemá |
Gossen estudou en Bonn e traballou na administración prusiana ata a súa retirada en 1847. Posteriormente, dedicouse á venda de seguros. Precursor do marxinalismo e da economía matemática, permaneceu totalmente ignorado ata que o primeiro Jevons e despois Walras rescatárono do esquecemento, poñendo de manifesto os importantes logros do seu Entwicklung der Gesetze des menschlichen Verkehrs ("Desenvolvemento das leis do intercambio entre os humanos") de 1854.[3]