Hipias de Élide
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hipias de Élide, sofista grego das primeiras xeracións, naceu aproximadamente a mediados do século V a. C. e ademais foi un mozo contemporáneo de Protágoras e Sócrates. A maior fonte de coñecemento sobre el procede de Platón. Aparece en dous diálogos platónicos (Hipias menor e Hipias maior) ademais dunha breve aparición no diálogo Protágoras.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (grc) Ἱππίας ὁ Ἠλεῖος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 443 a. C. Élida, Grecia (pt) |
Morte | 399 a. C. (43/44 anos) Élida, Grecia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Antiga Atenas |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría e filosofía |
Ocupación | filósofo , astrónomo , matemático , sofista |
Período de actividade | (Con vida en: século V a. C. ) |
Movemento | Sofista e Presocráticos |
Profesores | Hegesidamus (en) |
Lingua | Grego antigo |
Familia | |
Fillos | Aphareus (en) |
Pechar
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Hipias.
Hipias de Élide foi o descubridor da cuadratriz, empregada para buscar a solución a dous dos tres problemas da xeometría grega, a trisección do ángulo e a cuadratura do círculo.
Creador dos sistemas mnemotécnicos, polo tanto, dicíase que era posuidor dunha gran memoria.