Historia de Turquía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República de Turquía foi o sucesor do Imperio Otomán tras o seu derrubamento, a moderna Turquía fundouna Mustafa Kemal Atatürk en 1923. A derrota na primeira guerra mundial supuxo a perda, en virtude do Tratado de Sèvres (1920), de Siria, Palestina, Mesopotamia e Arabia, co cal Turquía quedou circunscrita ás súas fronteiras actuais. A concesión de Esmirna a Grecia por 5 anos fixo que os nacionalistas turcos, encabezados por Atatürk, encabezasen unha guerra na que lograron expulsar aos gregos e como resultado de acordo ao Tratado de Lausana.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
- Este artigo trata da historia de Turquía desde 1923, para outros momentos anteriores véxase Imperio Otomán
Atatürk converteuse así no construtor de Turquía e liderou un proceso de transformacións encamiñadas a facer deste país un Estado moderno, permanecendo á fronte da Presidencia da República ata a súa morte, en 1938.