Historia do antigo Exipto
From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia do antigo Exipto iníciase a finais do IV milenio a.C. e remata cando Exipto é conquistado por Alexandre Magno, momento no que perde definitivamente a independencia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Serie de artigos sobre a |
Historia de Exipto |
Historia do Exipto Antigo |
O Exipto grecorromano |
O Exipto árabe |
O Exipto otomán |
Muhammad Alí e os seus sucesores |
Historia do Exipto contemporáneo |
Os tres milenios que durou esta civilización divídense tradicionalmente de acordo coas dinastías reinantes. As datas son discutidas e pode haber diferenzas de tres séculos. As dinastías agrúpanse en "períodos", se ben existen diferenzas entre os estudosos á hora de asignar algunha dinastía a un período ou a outro.
- Período predinástico (antes do 3100 a.C.)
- Período protodinástico (dinastías I e II)
- Imperio Antigo (dinastías II-VI)
- Primeiro Período Intermedio (dinastías VII-XI)
- Imperio Medio (dinastías XII-XIII)
- Segundo Período Intermedio (dinastías XIV-XVII)
- Imperio Novo (dinastías XVIII-XX)
- Terceiro Período Intermedio (dinastías XXI-XXV)
- Período Tardío (dinastías XXVI-XXI)