Historia do Exipto árabe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Exipto formou parte do mundo árabe desde o ano 641, rexido primeiro por gobernadores dependentes do califato omeia de Damasco. En 747, os omeias foron derrocados e rachouse a unidade do mundo árabe. Exipto ficou baixo o dominio nominal do califato abásida, se ben os seus gobernantes estableceron dinastías case independentes, como as dos tulúnidas e os ixidis. En 969, a dinastía isamelí dos fatímidas, procedentes de Tunicia, conquistou Exipto e estableceu a capital no Cairo. A dinastía durou até 1174, cando Exipto foi dominado por Saladino, cuxa dinastía, a dos aiúbidas, durou até 1252. Estes foron derrocados polos seus gardas persoais, turcos, os mamelucos, que gobernaron baixo os califas abasís até 1517, cando Exipto pasou a formar parte do Imperio Otomán.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Serie de artigos sobre a |
Historia de Exipto |
Historia do Exipto Antigo |
O Exipto grecorromano |
O Exipto árabe |
O Exipto otomán |
Muhammad Alí e os seus sucesores |
Historia do Exipto contemporáneo |