filósofo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Horst Matthai Quelle, nado en Hannover o 30 de xaneiro de 1912 e finado en México o 27 de decembro de 1999, foi un escritor e filósofo alemán en lingua castelá exiliado en México, con traballos centrados no solipsismo, o nihilismo e o anarquismo individualista. Estivo influenciado principalmente por filósofos alemáns como Max Stirner, Martin Heidegger, Hegel e Nietzsche, sendo un expoñente do anarquismo filosófico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1912 Hannover, Alemaña |
Morte | 27 de decembro de 1999 (87 anos) Tijuana, México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Educación | Universidade Nacional Autónoma de México |
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Lingua | Lingua castelá e lingua alemá |
Familia | |
Fillos | Diego Matthai Springer (pt) |
Nace na cidade de Hannover o 30 de xaneiro de 1912. Non hai constancia de que durante a súa xuventude en Alemaña iniciara estudos universitarios nin filosóficos.
En 1938,[1] ante a crise económica alemá e o ascenso do nazismo e o fascismo en Europa, instálase en México, onde traballará eventualmente no comercio de produtos químicos e agropecuarios (avicultura), empezando a estudar a carreira de Filosofía, tras interesarse tamén pola de Psicoloxía, na Universidade Nacional Autónoma de México, onde compartirá clases co escritor Carlos Monsiváis e os filósofos Leopoldo Zea e Emilio Uranga.
Na U.N.A.M. aprobou os seus estudos de licenciatura, mestría e doutoramento en filosofía. Realizou estudos de sánscrito no Colexio de México, ostentando o grao de maxisterio en educación outorgado pola Brigham Young University.
Sepárase da súa primeira muller na década dos sesenta. Deu clases de bacharelato no Centro Escolar Benémerito das Américas e posteriormente traballou para o Instituto Nacional Indixenista, na Serra de Puebla. Nos oitenta instálase na cidade de Tijuana e casa de novo. Impartiu clases de filosofía na UNAM, no Cetys de Tijuana, na Universidade Iberoamericana, nquipo Noroeste (Tijuana) e desde 1986 na Escola de Humanidades da Universidade Autónoma de Baixa California.
Influído por Hegel, Max Stirner, Nietzsche e Heidegger, parte das súas ideas abordan aspectos do solipsismo e o anarquismo. O seu pensamento busca ser unha fundamentación hermenéutica do "retorno á metafísica", baseada na retradución e reinterpretación dos presocráticos e Hegel, a quen estaría dedicado un dos volumes da súa serie "Pensar y Ser", que posúe catro volumes, aos cales planeaba agregar "Los infinitos mundos de Anaxágoras", "Los atomistas de Abdera" e o seu estudo sobre Hegel, do cal non se coñece título previsto. "Todos los pensamientos son verdaderos", editado en 2007, é unha colección de apotegmas, recopilados por Heriberto Yépez, durante algúns dos seminarios de Matthai na Universidade Autónoma de Baixa California.[Cómpre referencia]
A súa interpretación dos presocráticos, así como a súa propia teoría metafísica —os dous aspectos do seu pensamento— xiran en torno ao concepto da "teoría dos infinitos mundos" que, segundo Matthai, foi desenvolvida, en distintas versións, polos filósofos presocráticos. A teoría dos infinitos mundos, fundamentalmente, explica que a realidade é produto da conciencia e que cada conciencia individual constitúe un "mundo" ou "realidade". O seu concepto de "individuo" é semellante ao de "mónada" de Leibniz. Á imposibilidade de que un individuo se comunique con outro, Matthai chámalle "non-mutualidade". Moitos dos seus principios, enunciados como aforismos e apotegmas ("Fuera del Yo todo es ilusión", "El mundo es mi pantalla", "Yo soy a la vez la casa que se habita") e recollidos polo seu primeiro discípulo e logo Catedrático de Filosofía na U.A.B.C., Heriberto Yépez, inciden nesta dirección aparentemente solipsista, ou desde unha perspectiva alternativa, aparentemente relacionada con algunha forma extrema da epistemoloxía construtivista radical, na liña de Heinz von Foerster e outros.
Esta metafísica solipsista é a base do seu plan anarquista. Recordando unha idea de Rousseau, o contrato social foi instaurado para asegurar a supervivencia do individuo, pero unha vez que a sociedade puxo en perigo a supervivencia do individuo, este debe renunciar ao contrato social.
Aínda que as ideas de Matthai poden resumirse nunhas poucas liñas, as súas obras somérxense en orixinais esexeses dos fragmentos dos presocráticos e outros pensadores. É de notar tamén que debido á súa convivencia con grupos indíxenas, os seus estudos e lecturas na U.N.A.M. en plena efervescencia do renacemento do pensamento prehispánico, impulsado por investigadores-profesores daquela época, hai unha influencia da cultura mexicana na súa obra, como el mesmo gostaba de afirmar.
O seu pensamento queda recollido principalmente na serie "Pensar y ser", que se publicou cronoloxicamente nunha orde distinta da estrutura lóxica inicialmente prevista polo seu autor, é por iso que aínda que, por exemplo, o libro "La teoría parmenídea del pensar" (dedicado á filosofía de Parménides) é a cuarta parte da serie, non obstante, foi o primeiro en aparecer, en 1990.
Matthai publicou ducias de artigos e relatorios en revistas universitarias, sendo algúns destes textos compilados en "Textos filosóficos (1989-1999)".
A familia de Matthai e o Catedrático de Filosofía pola U.A.B.C. e escritor Heriberto Yépez contan coa colección completa da súa obra, entregada polo mesmo Matthai algúns meses antes da súa morte, polo que se están publicando postumamente e de maneira irregular algunhas das súas obras inéditas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.