Huawei
fabricante de equipamento de redes e telecomunicacións chinés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Huawei Technologies Co. Ltd. (pronunciado /ˈhwɑːˌweɪ/) en (chinés simplificado: 華為技術有限公司, pinyin: Huáwei Jíshu Yǒuxiàn Gōngsī), ten a súa sede principal en Shenzhen, Guangdong, República Popular da China, é o maior fabricante de equipamento de redes e telecomunicacións na China, e un dos líderes mundiais nesta industria.
Huawei | |
---|---|
Tipo | Privada |
Fundación | 1987 |
Localización | Shenzhen China |
Fundador | Ren Zhengfei |
Persoas clave | Ren Zhengfei (Presidente) |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Teléfonos móbiles, equipamento de telecomunicacións |
Beneficio | 92 549 millóns de dólares (2017) |
Número de empregados | 140 .000 (2012) |
Na rede | |
https://www.huawei.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Foi fundada no ano 1987 por Ren Zhengfei exoficial do exército chinés, Huawei é unha empresa privada de alta tecnoloxía propiedade dos traballadores e especializada en Investigación e desenvolvemento (I+D), produción, mercadotecnia de equipamento de comunicacións e fornece solucións de redes personalizadas para operadoras das industrias das telecomunicacións de todo o mundo.
Case a metade dos seus 140 000 traballadores adícanse a labores de investigación e desenvolvemento de tecnoloxía. Ten 20 centros de I+D na China, Estados Unidos, Alemaña, Suecia, México, India e Rusia.
Opera en máis de 140 países e con 45 dos 50 maiores operadores de telecomunicacións do mundo.