From Wikipedia, the free encyclopedia
Ignicoccus é un xénero de arqueas que viven en chemineas hidrotermais mariñas a altas temperaturas. Descubríronse na dorsal de Kolbeinsey ao norte de Islandia e no océano Pacífico (a 9º norte, 104º oeste) en 2000 [1].
Ignicoccus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ignicoccus hospitalis (e o sue simbionte máis pequeno Nanoarchaeum equitans) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
A comparación dos xenes de ARNr 16S de Ignicoccus cos doutras especies indica que representa unha liñaxe nova que se ramificou moi cedo dentro da familia das Desulfurococcaceae [1]. Coñécense neste xénero tres especies, I. islandicus, I. pacificus e I. hospitalis cepa KIN4I.
As arqueas do xénero Ignicoccus son diminutas células de tipo coco cun diámetro de aproximadamente 2 µm, que presentan unha superficie lisa, unha membrana externa e non teñen capa S.
Teñen unha estrutura que serve de envoltura celular dun tipo con detalles nunca antes atopados, formada por unha membrana plasmática, un espazo periplásmico (cun largo variable de 20 a 400 nm, que contén vesículas unidas á membrana), e unha membrana externa (aproximadamente de 10 nm de grosor, que lembra a membrana externa das bacterias gramnegativas). Esta última contén partículas simples duns 8 nm de diámetro empaquetadas de modo irregular e moi apertadamente, e poros cun diámetro de 24 nm, rodeados de pequenas partículas, dispostas en círculo (cun diámetro de 130 nm) e agrupacións de ata oito partículas (cada partícula de 12 nm de diámetro).[2]
Ignicocci vive a temperaturas entre os 70 e 98 °C (o seu óptimo está arredor de 90 °C). Obtén enerxía pola redución de xofre elemental a sulfuro de hidróxeno utilizando hidróxeno molecular como doante de electróns[3]. A arquea Nanoarchaeum equitans establece unha singular simbiose (ou parasitismo) con Ignicoccus.[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.