Igrexa de Santa Sofía de Istambul
monumento bizantino en Estambul, Turquía / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa Sofía ou Hagia Sophia (do grego Άγια Σοφία [aˈʝia soˈfia], «Santa Sabedoría»; en latín: Sancta Sophia ou Sancta Sapientia; turco Ayasofya) foi unha antiga basílica patriarcal ortodoxa convertida en mesquita e hoxe en día en museo, sita en Istambul, (Turquía)[1] considérase a obra máis importante da época bizantina. Foi empregada como igrexa durante 916 anos, dende a súa construción no ano 537 ata a conquista da cidade no ano 1453. Dende esta data ata 1934, durante 481 anos, foi empregada como mesquita. Logo de pasar unha restauración cumprida por orde de Mustafa Kemal Atatürk, fundador da república Turca, o 1 de febreiro de 1935, foi inaugurada como museo.[2]
Igrexa de Santa Sofía de Istambul Hagia Sophia de Ayasofya (turco) Ἁγία Σοφία (grego) Sancta Sophia (latín) | |
---|---|
Aspecto actual de Santa Sofía | |
Edificio | |
Tipo | Orixinalmente foi unha antiga basílica patriarcal ortodoxa, posteriormente unha mesquita e en tempos recentes foi habilitada como museo. |
Estilo | bizantino |
Sistema estrutural | arquitrabe e bóveda |
Localización | Istambul, Turquía[1] |
Coordenadas | 41°00′30″N 28°58′48″L |
Construción | |
Inicio | 532 |
Remate | 537 |
Dimensións | |
Altura | 55,60 m |
Outras dimensións | lonxitude 82 m |
Superficie | 69,70 m x 80,90 m |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Antemio de Trales e Isidoro de Mileto |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Sofía rompeu moldes, esta considerada o epítome da arquitectura bizantina[3] e dise que "cambiou a historia da arquitectura".[4] Responde á idade de ouro da arte bizantina e á dinámica de construción de grandes edificios que implantou o cristianismo. É unha síntese entre a tradición clásica grecolatina e a tradición construtiva oriental; a primeira presentada pola planta basilical, os piares de carga principais, e a grande escala do conxunto; e a segunda polo espazo central coroado por unha cúpula. Santa Sofía legoulle á posteridade o emprego do sistema de cunchas a escala monumental pasa pasar da forma cadrada da base á circular da cúpula; futura constante da arquitectura bizantina e, máis adiante, da occidental. Tamén lle deu o impulso definitivo ao mosaico, a técnica que mellor permitía explota-las posibilidades da luz e da cor no interior das igrexas bizantinas.