Illa Taravai
From Wikipedia, the free encyclopedia
Taravai é a segunda illa máis grande das Illas Gambier na Polinesia francesa. De forma triangular, está situado ao suroeste a 2 km de Mangareva e 300 m ao norte da illa de Agakauitai. Taravai de 5´7 Km² elévase a 256 m.. Pódense ver os restos da igrexa de San Gabriel rematada en 1868 pola misión católica de Honoré de Laval. A pequena aldea de Agakono albergaba só 9 persoas en 2012, nalgún momento viviron 2.000 persoas. Existen restos das antigas aldeas de Aga-nui (noroeste) e Agakau-i-uta (sueste).[2] A illa mostra unha exuberante vexetación, con moitas cafeeiras. A illa foi descuberta polo navegante Inglés James Wilson 1797.
Taravai | |
---|---|
Vista da illa | |
Localización | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas Gambier |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 23°08′12″S 135°01′33″O |
Xeografía | |
Superficie | 5´7 km² |
Punto máis alto | 256 m. |
Demografía | |
Capital | Agonoko |
Poboación | 9[1] (2012) |
O sitio arqueolóxico de Onemea suxire a ocupación esporádica da illa cara ao ano 950 cun posible asentamento continuo desde o século XIII.[3]
Antes da conversión ao cristianismo, o rei de Taravai era un vasalo do rei de Rikitea en Mangareva.[4]
- Vista de Taravai e Agakauitai desde o Monte Mokoto
- Igrexa de Saint-Gabriel
- Taravai