Illa Umboi
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Umboi (inglés: Umboi Island, tamén chamada Rooke ou Siassi) é unha illa volcánica situada entre a parte continental de Papúa Nova Guinea e a illa de Nova Bretaña. Está separada de Nova Bretaña polo estreito Dampier e ten unha altura máxima de 1.548 metros. Umboi é un complexo volcánico do Holoceno sen erupcións en tempos históricos. Un complexo volcánico refírese ao conxunto extenso de centros volcánicos maiores e menores relacionados e asociados con lava e fluxos piroclásticos.
Datos rápidos Situación, País ...
Illa Umboi | |
---|---|
foto aérea da illa | |
Situación | |
País | Papúa Nova Guinea |
Arquipélago | Arquipélago Bismarck |
Mar | Mar de Bismarck, Mar de Salomón |
Coordenadas | 5°36′43″S 147°53′01″L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 930 km² |
Longura máxima | 50 km. |
Punto máis alto | 1.548 m. Monte Talo |
Pechar
Dise (por parte dalgúns nativos e por algúns investigadores estadounidenses) que é o fogar da «ropen», unha criatura nocturna, tipo de morcego, que se alimenta de peixes.[1]