Illa de Cortegada
illa na ría de Arousa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Cortegada está situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla , fronte ás costas do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. É a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no parque nacional das Illas Atlánticas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cortegada (homónimos).
Datos rápidos Situación, País ...
Illa de Cortegada | |
---|---|
Illa de Cortegada. | |
Situación e mapa topográfico da Illa Cortegada
| |
Situación | |
País | Galiza |
Provincia | Pontevedra |
Mar | Atlántico |
Xeografía | |
Superficie | 2´5 km² |
Longura máxima | km |
Largura máxima | km |
Punto máis alto | 20 m. |
Distancia a terra | 189 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Pechar
É case unha illa de marea, únese á terra na baixamar polos viveiros (aínda que queda un fluxo de auga, pódese pasar andando). Ten unha extensión de 54 hectáreas e unha superficie de 2,5 quilómetros cadrados con algunhas praias e dous pequenos outeiros de pouco máis de 20 metros de altura cubertos por unha abundante flora; o maior bosque de loureiros da Península Ibérica, piñeiros, e outra vexetación.