Illas Malveiras
illas do arquipélago de Cortegada / From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Malveiras son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forman parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Pertencen ó concello de Vilagarcía de Arousa.
Illas Malveiras | |
---|---|
Ó fondo e á esquerda, as illas Malveiras; á dereita, a illa de Cortegada; entre elas, as illas Briñas. O Carril | |
Situación | |
País | Galiza |
Provincia | Pontevedra |
Mar | Océano Atlántico |
Xeografía | |
Superficie | 0´055 km² |
Punto máis alto | . |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Sitúanse a poñente da Illa de Cortegada e están formadas por dúas pequenas illas (Malveira Grande e Malveira Pequena) e un illote (Illa das Cabras); no seu conxunto suman 5,5 hectáreas de superficie. A meirande está arrodeada de area en toda a súa parte sur e é rochosa na súa parte norte; contén vexetación (especialmente toxos (Ulex europaeus), fentos, figueiras bravas e loureiros) e posúe un par de piñeiros na súa cima. Está coroada por unha vella cruz de pedra e tamén pode verse os restos dunha caseta de ladrillo. A Malveira Pequena é máis baixa e pedregosa que a anterior, e nela só medra o toxo.
- Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [1].