Inigo Jones
From Wikipedia, the free encyclopedia
Inigo Jones ([ˈɪnɨɡoʊ]), nado en Smithfield (Londres) o 15 de xullo de 1573 e finado en Londres o 2 de xuño de 1652 foi un arquitecto británico, o primeiro en empregar as regras da proporción e a simetría vitruvianas nos seus edificios.[1] Deixou a súa pegada en Londres en edificios singulares, como a Banqueting House, Whitehall, e na área deseñada para a praza de Covent Garden, que se converteu nun modelo para os futuros desenvolvementos no West End. Fixo importantes contribucións á escenografía polo seu traballo como deseñador teatral para varias ducias de mascaradas, a maioría por encargos reais e moitos en colaboración con Ben Jonson.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1573 (Gregoriano) Londres (Reino de Inglaterra) |
Morte | 21 de xuño de 1652 (78 anos) Londres (Comunidade da Inglaterra) |
Membro do Parlamento do Reino de Inglaterra | |
Member of the 1621-22 Parliament (en) | |
Circunscrición electoral: New Shoreham (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Ocupación | arquitecto , político , escenógrafo |
Período de actividade | 1595 - 1652 |
Movemento | Arquitectura do Renacemento |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
A súa obra supuxo unha grande influencia nos arquitectos do século XVIII, en especial para o palladianismo inglés.