princesa de Asturias From Wikipedia, the free encyclopedia
Isabel de Borbón e Borbón (de nome completo María Isabel Francisca de Asís Cristina Francisca de Paula Dominga de Borbón e Borbón),[1] coñecida popularmente como La Chata, nada en Madrid o 20 de decembro de 1851 e finada en París o 23 de abril de 1931, filla primoxénita de Isabel II e Francisco de Asís de Borbón, foi infanta de España, princesa de Asturias de 1851 a 1857 e de 1874 a 1880 e condesa de Girgenti por casamento.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1851 Madrid, España |
Morte | 22 de abril de 1931 (79 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | La Granja de San Ildefonso (1991–) |
Datos persoais | |
Residencia | Quintana Palace (en) (1902–1931) |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Infanta de España |
Familia | Dinastía Borbón |
Cónxuxe | Caetano de Bourbon-Duas Sicílias (1868–) |
Pais | Francisco de Asís de Borbón e Isabel II de España |
Irmáns | Infante Luis, Prince of Asturias (en) , Fernando Francisco de Bourbon (pt) , Maria Cristina de Bourbon (1854) (pt) , Infanta Margarita of Spain (en) , Infante Francisco de Asís, Prince of Asturias (en) , Afonso XII de España e Infante Francisco de Asís of Spain (en) |
Premios | |
A infanta Isabel naceu o 20 de decembro de 1851 no Palacio Real de Madrid como a filla primoxénita da raíña Isabel II e Francisco de Asís de Borbón. Ao día seguinte, foi bautizada na Capela Real do palacio cos nomes de María Isabel Francisca de Asís Cristina Francisca de Paula Dominga de Borbón e Borbón, sendo os padriños os seus avós a raíña María Cristina e o infante Francisco de Paula de Borbón.[3]
Considerada princesa de Asturias desde o seu nacemento, unicamente desde o 24 de marzo de 1852 ostentou o título por concesión da súa nai en real decreto. A Cruz da Vitoria, símbolo do Principado de Asturias e dos herdeiros da Coroa, tampouco lle foi conferida ao seu nacemento, senón sete anos despois, en 1857. Este último ano, naceu o seu irmán Alfonso, quen pasou a ser o herdeiro de Isabel II.
A infanta Isabel contraeu matrimonio con Caetano de Borbón-Dúas Sicilias, conde de Girgenti, fillo de Fernando II rei das Dúas Sicilias, o 13 de maio de 1868. Foi un matrimonio concertado e non mantiveron nunca moita proximidade entre si. A infanta Isabel e Caetano non tiveron descendencia. Durante a súa viaxe de vodas, fóra de territorio español tivo a noticia do derrocamento da súa nai e non puido regresar a España ata a restauración da monarquía en 1874. Caetano de Borbón-Dúas Sicilias, padecía epilepsia, non sendo advertida desta circunstancia a infanta Isabel antes de casar. En setembro de 1871, a infanta Isabel sufriu un aborto espontáneo, evento que foi un duro golpe emocional para o seu esposo e que prexudicou definitivamente a súa saúde mental. Dous meses máis tarde, o 26 de novembro, Caetano suicidouse pegándose un tiro na cidade de Lucerna.
Coa proclamación do príncipe Afonso como rei de España, a infanta Isabel converteuse por segunda vez en princesa de Asturias, herdeira ao trono ata que se produciu o nacemento da súa sobriña a princesa María de las Mercedes en 1880, aínda que o goberno resistiuse a xurala e recoñecela oficialmente como herdeira.
En 1900 adquiriu o palacio de Quintana,[4] onde residiu de 1902 a 1931.[5][6]
Unha das actividades públicas da infanta Isabel que tivo maior transcendencia foi a viaxe a Buenos Aires, representando á Coroa Española, con motivo de celebración do Centenario da Revolución de Maio (1810) da República Arxentina que tivo lugar en 1910, estando presente na colocación da primeira pedra do Monumento á Carta Magna e as Catro Rexións Arxentinas.
Foi inmortalizada polo pintor José María López Mezquita saíndo dos touros, en coche de cabalos e acompañada da súa amiga da infancia e dama de compañía María Dolores Balanzat y Bretagne, marquesa de Nájera. O cadro, datado en 1915, exponse no Museo de Historia de Madrid, pois a infanta Isabel foi un personaxe que gozou de gran simpatía popular, especialmente entre a poboación madrileña, que a coñeceu co apelativo da Chata. No seu honor foi nomeada a coñecida rúa da Princesa en Madrid. Grazas a esta popularidade, sendo case octoxenaria, non foi obrigada polas novas autoridades a exiliarse ao proclamarse en España a II República. Con todo, Isabel decidiu acompañar aos seus parentes e partiu cara a Francia. Cinco días logo de abandonar España morreu de causa natural nun convento de Auteuil, preto de París. Foi enterrada en Francia.
O 23 de maio de 1991, por orde do rei Xoán Carlos I, foron trasladados os seus restos a España e depositados na Colexiata da Santísima Trindade do Palacio Real da Granja xunto aos do rei Filipe V e a súa esposa Isabel de Farnesio. Descansa na Colexiata deste Real Sitio de España porque estivo moi vinculada a el, pasando alí as vacacións e organizando faladoiros da clase feminina da alta nobreza da época no "Pequeno Versalles", os xardíns deste lugar. Ademais, aínda se mantén o seu recordo, xa que trala apertura ao público no ano 2000 deste Palacio dedicouse a última habitación da primeira planta a esta infanta de España, colocando tres fotografías encima dun piano de cola.
Xunto ao Parque do Oeste en Madrid érguese un conxunto escultórico na súa memoria, na rúa do pintor Eduardo Rosales (número 30).
Antepasados de Isabel de Borbón e Borbón, Infanta de España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Aparece representada en dous filmes da segunda metade do século XX:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.