Agrigento

comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia

Agrigentomap
Remove ads

Agrigento (en siciliano: Girgenti) é unha cidade siciliana, capital da provincia de Agrigento, situada na costa sur da illa de Sicilia. Coñécese como o lugar onde se levantou a antiga cidade grega de Acragante (isto é, Ἀκράγας en grego, Agrigentum en latín e Kerkent en árabe), unha das cidades máis importantes da Magna Grecia durante a época de ouro da Grecia antiga.[1] Ten uns 60.000 habitantes, e outras cidades importantes da provincia son Licata e Naro, a última das cales é coñecida polas súas ben conservadas catacumbas, ou lugares secretos para a oración dos primeiros cristiáns.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Thumb
San Lorenzo.
Thumb
Templo da Concordia.
Remove ads

Historia

Foi fundada co nome de Akragas por gregos procedentes de Gela, orixinarios da illa de Rodas e de Creta no 580 a.C, foi unha das colonias máis importantes da Magna Grecia. No ano 406 a.C. os cartaxineses guiados por Haníbal destruíron a cidade case totalmente.

No ano 210 a.C. tras a segunda guerra púnica, pasou ao control do Imperio Romano co nome de Agrigentum.

A forma en lingua siciliana Girgenti foi o nome oficial da cidade ata 1927, cando Benito Mussolini impuxo unha versión latinizada.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads