Afonso XII de España

rei de España From Wikipedia, the free encyclopedia

Afonso XII de España
Remove ads

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e finado en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi rei de España entre 1875 e 1885.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apuntan a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Remove ads

Traxectoria

Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola revolución de 1868, "La Gloriosa", e foron obrigados a exiliarse, polo que se educou en diversas cidades europeas como París, Viena etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868-70), o reinado de Amadeu I de Savoia e a Primeira República española (1873-1874). Esta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).

O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Manuel Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era Práxedes Mateo Sagasta.

En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaurar a monarquía e o país arranxando as disputas internas, adquirindo así o seu alcume de "Pacificador".

Un ano máis tarde, en 1876, aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a terceira guerra carlista.

Thumb
Busto de Afonso XII nunha moeda, gravado por G. Sellán.

Afonso XII realizou en 1883 unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un gromo de cólera en Aranjuez.

Pouco despois o rei morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.

Remove ads

Matrimonio

Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, María de las Mercedes de Orleáns, filla dos duques de Montpensier,[1] quen morreu de tifo uns meses despois de casaren. Despois casou con María Cristina de Habsburgo-Lorena, con quen tivo tres fillos.

Fillos

  • María de las Mercedes (1880 - 1904), princesa de Asturias.
  • María Teresa (1882- 1912), infanta de España.
  • Afonso XIII (1886 - 1941), rei de España, naceu tras a morte do seu pai.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads