Ischia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ischia (pronuncia en italiano [ˈiskja] (AFI)) é unha illa volcánica do Mar Tirreno, na entrada do golfo de Nápoles, na Campania, Italia. É un importante centro turístico. Comprende 46,3 km² e ten unha poboación de 64.028 habitantes[1] é a terceira illa italiana máis poboada, logo de Sicilia e Sardeña.
Ischia | |
---|---|
Vista da illa | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Italia |
Comuna | Barano d'Ischia Casamicciola Terme Forio Ischia Lacco Ameno Serrara Fontana |
Provincia | Cidade metropolitana de Nápoles |
Arquipélago | Arquipélago Campano |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | |
Xeografía | |
Superficie | 46,3 km² |
Longura máxima | 9,9 km |
Largura máxima | 7,2 km |
Punto máis alto | 787 m. Monte Epomeo |
Demografía | |
Capital | Ischia |
Poboación | 64.028 (2015) |
Densidade | 1.383 hab./km² |
Lingua propia | Italiano |
É a illa máis grande das Illas Flégreas e está dividida en seis concellos: Ischia, Casamicciola Terme, Lacco Ameno, Forio, Serrara Fontana e Barano.
Na illa, de orixe volcánica, predominan os outeiros e o monte Epomeo constitúe a cima máxima con 787 m de altura. Rica en praias de area e enseadas (moitas delas de fácil acceso tanto por terra como por mar).
O clima é xeralmente cálido e húmido cunha temperatura máxima de 38 °C en tempada alta. A extraordinaria posición xeográfica de Ischia garante (a diferenza doutras localidades do golfo de Nápoles) un óptimo clima a maior parte do ano. Xeralmente, o inverno é de temperatura media, con choivas breves. As estacións intermedias son temperadas e aínda durante o verán (no período de maior calor) é fácil atopar un ambiente fresco nos outeiros da illa.
Forio é a segunda localidade máis importante de Ischia, por poboación e comercio. Esténdese no centro de dous promontorios, Punta Caruso (na localidade de Zaro) e Punta Imperatore, entre praias consideradas as máis belas da illa e o verde metálico das viñas, que desde o monte Epomeo descenden nun escenario de incomparable beleza. Forio ten unha superficie de 13 km², cunha poboación de 12.638 habitantes e unha altitude que alcanza os 700 m na zona da Falanga. Divídese en dúas fraccións: Forio e Panza, que á súa vez están compostas doutras zonas periféricas (Monterone, Cuotto, Citase). Forio é a única localidade que conserva intacto o centro histórico cos vehículos, as igrexas, as torres de recoñecemento e os monumentos cuxa estrutura permaneceu inalterada.