Iván Duque Márquez
avogado e político colombiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Iván Duque Márquez, nado en Bogotá o 1 de agosto de 1976, é un avogado, escritor, político, e foi presidente de Colombia dende o 7 de agosto de 2018 até o 7 de agosto de 2022 polo partido Centro Democrático. Exerceu como senador da República de Colombia[1][2][3] dende o 20 de xullo de 2014 até o 10 de abril de 2018.[4] Traballou como representante de Colombia ante o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID). Asumiu o cargo de presidente de Colombia o 7 de agosto de 2018 na Praza de Bolívar, en Bogotá.[5]
Duque é avogado con estudos maiores de Filosofía e Humanidades da Universidade Sergio Arboleda.[6][7] Cursou mestría (LLM) en Dereito Internacional Económico da Universidade Americana e Xerencia de Políticas, Públicas da Universidade de Georgetown. Conta con estudos executivos en negociación estratéxica, políticas de fomento ó sector privado e xerencia de capital de risco de curta duración na Escola de Negocios e Goberno a Universidade Harvard.